GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Secretaría Xeral da Emigración achega información práctica do retorno a Galicia para as e os preto de 150 beneficiarios das BEME aos seus respectivos países

(04/09/2020)

A Secretaría Xeral da Emigración achega información práctica do retorno a Galicia para as e os preto de 150 beneficiarios das BEME aos seus respectivos países

Ofrece desde hoxe, en colaboración coa Asociación de Jóvenes Emigrantes en Galicia e as universidades galegas, unhas xornadas virtuais para os destinatarios e destinatarias das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior.

 

Vicerreitores das tres universidades públicas galegas, representantes da Consellería de Sanidade e bolseiras e bolseiros de anteriores edicións orientarán os alumnos e alumnas de mestrado sobre saúde, o sistema sanitario galego e diversos trámites.

 

Imaxe da xornada de hoxe, dirixida aos bolseiros e bolseiras que van cursar un máster na Universidade de Vigo

Imaxe da xornada de hoxe, dirixida aos bolseiros e bolseiras que van cursar un máster na Universidade de Vigo

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2020.

 

A Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Asociación de Jóvenes Emigrantes en Galicia e as tres universidades públicas galegas, vén de poñer en marcha por primeira vez unhas xornadas informativas para orientar os preto de 150 beneficiarios e beneficiarias das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) nos trámites previos ao seu establecemento en Galicia, xa que a meirande parte delas e deles proceden do estranxeiro. O obxectivo das xornadas informativas é achegar ata os respectivos países de procedencia dos mellores expedientes académicos de mozas e mozos galegos residentes no exterior asesoramento sobre cuestións previas ao seu establecemento na comunidade que lles axuden a axilizar e coñecer os diferentes trámites que terán que levar a cabo. 

 

As sesións virtuais, que se distribuirán en función da universidade pública galega que ofreza o mestrado seleccionado por cada alumna ou alumno, contarán coa participación dos vicerreitores das tres institucións, representantes da Consellería de Sanidade e bolseiras e bolseiros de anteriores edicións para abordar temas relacionados co curso académico, o sistema sanitario e a covid-19, e cuestións prácticas como a busca de vivenda e os costumes e cultura galegas. 

 

Universidade de Vigo

 

Así, a primeira das xornadas, que se celebrarán todas en horario de tarde para que poidan asistir as e os bolseiros que aínda se atopen nos diferentes países de América nos que residen, tivo lugar cos inscritos e inscritas nos mestrados da Universidade de Vigo, un total de 57.  Durante hora e media, as e os participantes asistiron ás explicacións dos diferentes poñentes e, ao remate das exposicións plantexaron as súas preguntas. 

 

Do total de bolseiras e bolseiros da cuarta convocatoria das BEME, 54 residen na Arxentina, 20 en Venezuela, 16 en México, 13 no Uruguai, 12 no Brasil, 10 no Reino Unido, 6 en Cuba, 3 en Chile e outras e outros 3 en Alemaña, 2 en Portugal, 2 en Italia, e 1 en Canadá, Ecuador, Francia, Países Baixos, Rusia e Suíza, respectivamente. A idade media das e dos beneficiarios deste programa da Secretaría Xeral da Emigración sitúase en 29 anos, sumando a maioría dos alumnos e alumnas entre 22 e 30 anos de idade. Ademais, as mulleres concentran o 56% das bolsas, mantendo así a tendencia que experimenta esta iniciativa pioneira do Goberno galego desde a súa primeira edición, no curso 2017/2018.

 

Estratexia Galicia Retorna 2020

 

O programa das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior está incluído dentro da Estratexia Galicia Retorna, o primeiro plan integral de retorno de España, que persegue incentivar o retorno  das e dos cidadáns galegos do exterior, non só das persoas emigradas, senón tamén das e dos seus descendentes, favorecendo a súa incorporación e a dos seus fillos e fillas nos centros de ensino secundario da comunidade, así como no sistema universitario de Galicia a través dun total de máis de 60 medidas tanto específicas como transversais.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas