GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A chegada de inmigrantes doutros países á área de Santiago duplicouse na última década

(07/09/2020)

A chegada de inmigrantes doutros países á área de Santiago duplicouse na última década

 

O ano pasado empadroáronse 2.609; no 2009, 1.308

 

 


Santiago / a voz 07/09/2020

Santiago e a súa área foron elixidas o ano pasado por máis de 2.600 persoas doutros países para fixar a súa residencia, isto supón case o dobre que unha década antes, xa que no 2009 os inmigrantes estranxeiros foran 1.308. A capital galega é o gran polo de atracción tras ser seleccionada pola metade deses novos veciños, un total de 1.336; seguida por Ames, con 391, segundo os datos que publicou o Instituto Galego de Estatística (IGE).

 

A pesar de que hai un aumento considerable respecto de hai unha década, as persoas doutros países que optaron pola área compostelá para asentarse o ano pasado reducíronse lixeiramente respecto ao 2018, cando fora 2.654 os empadroados. É dicir, houbo 45 menos.

 

Tras Santiago e Ames, o maior polo de atracción é Santa Comba, con 119; seguido de preto por Ordes, con 111; e por Teo, 106. O resto de localidades xa se sitúan por baixo do centenar, aínda que Negreira o rozou con 99. O menor número de inmigrantes estranxeiros dados de alta foi en Toques, con unicamente dous; e en Trazo houbo catro.

 

Menos doutras comunidades

 

Aínda que crece a inmigración doutros países, non segue o mesmo patrón a chegada de persoas procedentes doutras comunidades, que se reduciu en máis de 354 persoas na última década, para quedar en 1.657 durante o 2019. Iso si, houbo un repunte respecto ao 2018 (+112).

 

Os datos do IGE mostran que a maior parte das persoas que durante o ano pasado empadroáronse procedentes de fóra de Galicia son mulleres, un total de 2.262 fronte aos 2.004 homes. En canto á idade, o grupo maioritario é o que ten entre 30 e 55 anos, xa que supuxeron 1.776; seguido do grupo entre 16 e 29 anos, con 1.776. Iso si, hai case igualdade entre os novos empadroados procedentes de fóra de Galicia menores de 16 anos e os maiores de 55, con 649 e 644, respectivamente.

 

Menos emigración ao estranxeiro, pero máis a outros puntos de España

 

Un total de 2.623 veciños da área compostelá colleron o ano pasado a maleta para irse fóra de Galicia, Isto supón 83 máis que no 2018, pero 35 menos que unha década antes.

 

Con todo, na emigración externa hai grandes diferenzas na evolución na última década. Así, mentres que os que deixaron Galicia para irse ao extraeron baixaron un 30 % na última desde o 2009 -pasouse de 1.213 a 847-, os que optaron por fixar a súa residencia noutra comunidade de España creceron case un 23 % -foron 1.445 no 2009 e 1.776 no 2019-. Por concellos, en Santiago 408 dos seus veciños colleron as maletas o ano pasado para irse a outro país. Pola súa banda, en Santiso e Toques ningún tomou esta decisión.

 

Do mesmo xeito que sucede no caso da inmigración, son as mulleres as que máis apostaron por deixar Galicia, cun total de 1.383 fronte a 1.240 homes. O grupo máis numeroso que emigrou, o de entre 30 e 55 anos: 1.241.

 

Márchanse menos veciños que veñen

 

O saldo migratorio de Santiago e a súa área é positivo se se ten en conta os que se foron ou viñeron desde fóra de Galicia. Así, emigraron ao exterior 2.623 persoas, mentres que se asentaron procedentes doutras comunidades ou outros países 4.266. Esta situación prodúcese na maior parte de concellos, unicamente presentou un saldo negativo Touro, mentres que en Trazo hai igualdade de número.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas