(13/10/2020)
Unha asesora xurídica e un mediador intercultural para os inmigrantes en Burela
Xa están a traballar, explica a concelleira Noelia Ben
burela / a voz 12/10/2020
Xa están a traballar, reuníndose con diferentes colectivos «para abordar as necesidades existentes e programar as actuacións que se poderán levar a cabo», explica Noelia Ben, concelleira de Inmigración e Cooperación en Burela. Refírese á asesora xurídica e ao mediador intercultural contratados para o programa local de atención a inmigrantes, cofinanciado pola Consellería de Política Social e o Fondo Social Europeo.
A edila detalla que a asesora xurídicas «ocuparase da atención técnica especializada non ámbito da estranxeiría», mentres o mediador intercultural «traballará en coordinación con diferentes entidades e colectivos de ámbito social, educativo, sanitario, cultural...». Con eses obxectivos xa falaron cos directivos do colexio Vista Alegre e do instituto Monte Castelo, entre outros.
OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas