GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Inmigración e emprego

(21/07/2009)

Inmigración e emprego
12.714 estranxeiros máis cotizan á Seguridade Social en xuño
Publicado o 21-07-2009 , por Expansión.com

O número medio de afiliados estranxeiros á Seguridade Social aumentou en 12.714 persoas en xuño respecto ao mes anterior. Esta cifra, aínda que reducida, supón o cuarto incremento consecutivo desde o pasado marzo, segundo datos facilitados polo Ministerio de Traballo e Inmigración. O número total de cotizantes estranxeiros é de 1.929.937.


O balance de afiliados estranxeiros é a única nota positiva do sistema en xuño, xa que o número total de afiliacións caeu en 5.501 persoas respecto de maio e estableceu o total de cotizantes en 18.097.986.

En termos porcentuais, o número de cotizantes estranxeiros nin sequera alcanzou un incremento dun punto porcentual e estableceu unha subida do 0,66% en relación a maio pero diminuíu un 10,12% respecto de xuño de 2008, o que se traduce en 217.254 afiliados menos que fai un ano.

Ao termo do primeiro semestre de 2009, os cotizantes estranxeiros representan o 10,66% do total de afiliacións á Seguridade Social.

En canto ao seu lugar de procedencia, 683.654 traballadores proviñan de países comunitarios, mentres que 1.246.283 eran traballadores non pertencentes á Unión Europea.

Dentro dos países non comunitarios, 247.077 eran de nacionalidade marroquí e 202.587 eran ecuatorianos. Colombia, con 125.863 traballadores, situouse como terceiro país de procedencia de afiliados, por diante de Perú, que contou con 77.451 cotizantes.

O resto de afiliados non comunitarios repartíronse entre China (73.407), Bolivia (67.796), Arxentina (51.508), Ucraína (34.403), República Dominicana (33.244), e Brasil (24.804).

Pola súa banda, dos que proceden da UE-27, romaneses, italianos e portugueses son os máis numerosos, con 267.216, 66.464 e 63.038 cotizantes, respectivamente. Seguíronlles británicos e búlgaros, con 57.006 e 53.673, e algo máis distanciados, os alemáns, con 43.484 afiliados.

Por réximes, 1.302.924 estranxeiros cotizaron en xuño no Réxime Xeral (16.905 máis que en maio), mentres que 239.358 cotizantes fixérono no agrario, o que supón 3.877 persoas máis, e, para rematar, 206.691 incluíronse no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA), que rexistrou un descenso de 383 persoas.

Cataluña e Madrid acollen á metade de cotizantes
A maioría de cotizacións estranxeiras concéntrase en Cataluña e a Comunidade de Madrid, que con 433.220 e 409.599 afiliados respectivamente, representan case o 50% do total de cotizantes rexistrados en xuño.

Andalucía tamén acolle un amplo número de traballadores estranxeiros, con 224.460 cotizantes, e eríxese como terceira comunidade neste balance, seguida da Comunidade Valenciana, con 203.817 afiliados.

O resto de comunidades sitúanse por baixo dos 100.000 afiliados, aínda que Murcia é a que máis se aproxima a esta cifra, con 93.298, seguida de Baleares, con 88.343, e de Canarias, con 80.311 afiliados.

Pola súa banda, Aragón acolleu unha cifra de 68.888 cotizantes, mentres que Castela-A Mancha presentou un total de 78.029, e Castela e León, 63.982. Algo máis descolgados atópanse os datos recollidos en País Vasco, con 51.066 persoas inscritas como cotizantes da Seguridade Social, e Galicia, con 40.588.

Para rematar, e con cifras máis discretas, Navarra presentou un total de 27.678 afiliados, seguida da Rioxa (16.386), Asturias (15.966), Estremadura (14.399) e Cantabria (13.565). 3.808 afiliados pertenceron a Melilla e 2.536, a Ceuta.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas