GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Comisión Permanente do Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior reúnese este xoves para debater sobre a adquisición da nacionalidade

(14/10/2020)

A Comisión Permanente reúnese este xoves para debater sobre a adquisición da nacionalidade


Crónicas da Emigración

E. C., Vigo | 13 de outubro de 2020.


Os membros da Comisión Permanente do Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior (CGCEE) reuniranse este xoves para debater sobre a adquisición da nacionalidade por parte dos descendentes e a nova Lei de Memoria Democrática que inclúe o acceso á nacionalidade pero non recolle os supostos que se deixaron fóra na Lei de Memoria Histórica e, ademais, restrinxe a adquisición ao exilio político, deixando fóra a aqueles que tiveron que emigrar por cuestións económicas.

Este encontro levarase a cabo a pedimento da Comisión de Dereitos Civís que enviou unha carta ao presidente do Consello e á administración solicitando unha reunión urxente sobre este tema.

A reunión, que nun primeiro momento ía celebrarse o día 22, adiantouse para este xoves día 15, a pedimento de moitos membros do CGCEE que consideran que é un tema urxente.

Desde diferentes sectores da emigración reclamaron que se inclúa nos supostos de adquisición da nacionalidade a aquelas persoas que tiveron que emigrar por causas económicas, así como aos fillos que eran maiores de idade cando os seus pais adquiriron a nacionalidade, a aqueles que a perderon por non ratificala ao cumprir a maioría de idade e aos netos dos emigrantes que se tiveron que nacionalizar para conseguir o sustento.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas