GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os emigrantes retornados fan chegar as súas reivindicacións aos concellos de Barbanza e ao Congreso

(20/10/2020)

Os emigrantes retornados fan chegar as súas reivindicacións aos concellos de Barbanza e ao Congreso

Tratan de presionar ao Goberno para que asuma as súas demandas con respecto ás pensións que cobran do estranxeiro

 




La Voz de Galicia
M. Gómez
Ribeira 19/10/2020


Aínda que a loita nas rúas para visibilizar as súas reivindicacións viuse frustrada como consecuencia do covid-19, as plataformas de emigrantes retornados de Barbanza non están de brazos cruzados e, a falta de manifestacións ás portas da delegación de Facenda, recorreron ás institucións públicas para facerse oír. En todos os concellos presentarán unha iniciativa para solicitar o apoio das corporacións ás súas demandas, que tamén expuxeron no Parlamento galego e no Congreso a través do BNG.

A ofensiva dos emigrantes retornados nas institucións neste momento non é casual, senón que a súa intención é presionar ao Goberno central para que asuma os compromisos adquiridos co colectivo para lograr o apoio do BNG na investidura. A súa intención é que as súas demandas sexan tidas en conta á hora de aprobar os Orzamentos do Estado.

 

Desde o 2013, os emigrantes retornados manteñen as súas mobilizacións para reivindicar «xustiza e igualdade» na tributación polas pensións que reciben do estranxeiro. Reclaman ao Goberno central medidas que eviten a dobre imposición para estas prestacións, así como que se establezan as mesmas exencións para a tributación das pensións nacionais e as cobradas noutros países. Outra reivindicación importante é un marco legal claro para o recoñecemento das invalideces.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas