GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Rodríguez Miranda lembra o remate do prazo de solicitude das axudas para as e os retornados

(29/10/2020)

Rodríguez Miranda lembra o remate do prazo de solicitude das axudas para as e os retornados

O secretario xeral da Emigración recordou que as e os interesados teñen ata mañá, día 30 de outubro, para solicitar as axudas ao fomento do autoemprego e a actividade emprendedora de persoas galegas retornadas.

 

O 30 de outubro finaliza o prazo de solicitude das Axudas ao retorno emprendedor e das Axudas extraordinarias a persoas emigrantes retornadas

O 30 de outubro finaliza o prazo de solicitude das Axudas ao retorno emprendedor e das Axudas extraordinarias a persoas emigrantes retornadas

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2020.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recorda que mañá venres, 30 de outubro, remata a presentación de solicitudes para as liñas de emprendedoras e emprendedores galegos retornados así como as das axudas extraordinarias a persoas emigrantes retornadas.

 

A convocatoria da liña de axudas ao retorno emprendedor é un programa deseñado co obxectivo de colaborar cos galegos e galegas do exterior que regresan á comunidade para poñer en marcha un negocio propio. 

 

O prazo para a solicitude destas axudas finaliza o próximo 30 deste mes, e estaban dotadas cun orzamento inicial de 400.000 euros que foi ampliado para atender o incremento do número de solicitudes.  Deste xeito, o apoio económico fíxase nunha contía fixa de 5.000 euros para cada persoa retornada emprendedora, que poderá incrementarse ata 1.000 se é muller, e ata outros 2.000 máis se o negocio está establecido nun concello rural. 

 

A este programa da Xunta poderán acollerse os galegos e galegas de nacemento, as e os seus cónxuxes ou persoas cunha unión análoga á conxugal e as e os descendentes das persoas galegas e nadas en Galicia que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega.

 

Axudas extraordinarias a persoas emigrantes retornadas


Tamén remata o próximo 30 deste mes o prazo para solicitar as axudas extraordinarias a persoas emigrantes retornadas. Poderán ser beneficiarias e beneficiarios destas axudas os galegos e galegas que regresaran á comunidade dende o exterior nos últimos dous anos e que necesitan facer fronte aos gastos extraordinarios derivados da súa volta a Galicia. Trátase dun pago único que conta cun orzamento total de 1,9 millóns de euros. 

 

O obxectivo é facilitar o retorno a aqueles galegos e galegas que desexen regresar á súa terra, e inclúe un complemento de 1.000 euros para as familias por cada filla ou fillo menor de idade ata o segundo, e de 1.500 para o terceiro e sucesivos.   

 

A solicitude destas axudas pode realizarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente no Rexistro ordinario da Xunta. As persoas interesadas poden obter máis información no seguinte enlace:  https://emigracion.xunta.gal/actividade/retorna

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas