GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Rubalcaba ultima en Senegal un acordo para repatriar a menores

(22/07/2009)

Rubalcaba ultima en Senegal un acordo para repatriar a menores
O ministro do Interior conclúe hoxe a súa viaxe de dous días a África, tras o seu paso por Malí
ELPAÍS.com / AXENCIAS - Madrid / Dakar - 21/07/2009

O ministro do Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, comunicou hoxe en Senegal que se deu "un paso máis" no relativo aos acordos sobre a repatriación de menores non acompañados que entran ilegalmente en España. "Temos bastante avanzados os trámites", dixo o ministro, quen con todo resaltou que as xestións aquí son "moi complicadas", xa que esixen coordinar a varios ministerios de ambolos dous países.

O ministro explicou que cada vez son máis os caiucos que chegan ás costas españolas con menores aos que se acolle en centros especiais ata que cumpren os 18 anos. Neste momento o número de menores non acompañados acollidos en España é duns 5.000, a maioría en centros de Andalucía.

Renovada a operación Frontex

Rubalcaba tachou de "moi duros" os procesos de repatriación, pero afirmou con estes hai que operar "como coa inmigración en xeral": enviando "unha mensaxe ás mafias" para que "non enganen aos menores e ás súas familias". "Deben saber que non merece a pena xogarse a vida nun caiuco, porque os que cheguen de xeito ilegal serán repatriados", destacou.

Coa súa visita a Dakar, a capital senegalesa, Rubalcaba conclúe unha viaxe a África de dous días, tras pasar onte por Malí. A finalidade da viaxe é ampliar a cooperación bilateral en materia de inmigración con ambolos dous países subsaharianos.

Pola mañá, o ministro do Interior acordou co seu homólogo senegalés, Tidiane Sy, renovar un ano máis a operación Frontex. Esta misión, na que participa a Unión Europea, establece o control conxunto da fronteira marítima de Senegal para evitar a saída de caiucos desde as costas deste país rumbo a Canarias. Así as cousas, Rubalcaba cualificou a relación entre o estado africano e España de "excelente".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas