GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración lembra o remate do prazo de solicitude das axudas de emerxencia social para galegas e galegos no exterior

(10/11/2020)

Emigración lembra o remate do prazo de solicitude das axudas de emerxencia social para galegas e galegos no exterior

A Secretaria Xeral da Emigración recorda que as persoas interesadas teñen ata o próximo 16 de novembro para solicitar estas axudas que permiten atender situacións sobrevidas de carácter extraordinario.

 

O programa conta cun orzamento de 200.000 euros que poden ser ampliables en función do número de solicitudes presentadas

O programa conta cun orzamento de 200.000 euros que poden ser ampliables en función do número de solicitudes presentadas

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2020.

 

A Secretaria Xeral da Emigración recorda que os interesados e interesadas nas axudas de emerxencia social para cidadás e cidadáns galegos no exterior teñen ata o próximo 16 deste mes para presentar as súas solicitudes.  

 

A convocatoria da liña de axudas de emerxencia social é un programa deseñado co obxectivo de colaborar coas e cos emigrantes galegos no exterior que carezan dos recursos económicos necesarios para atender situacións sobrevidas de carácter extraordinario de emerxencia social, sanitaria ou asistencial e que precisen dunha atención urxente para evitar ou paliar situacións de necesidade social, así como as que teñan por obxecto sufragar os custos das viaxes que teñan que realizar, por razóns destas características, as persoas que poidan ter a condición de beneficiarias.

 

O prazo para a solicitude destas axudas finaliza o próximo 16 deste mes e contan cun orzamento de 200.000 euros que poden ser ampliables en función do número de solicitudes presentadas.

 

Os beneficiarios e beneficiarias serán persoas emigrantes galegas e o os seus fillos e fillas que posúan a condición de persoas galegas residentes no exterior. Excepcionalmente, para o caso de ter que realizar unha viaxe as persoas ás que se refire este punto e que non poidan valerse por se mesmas, tamén poderá ser beneficiaria unha persoa acompañante.

 

Os requisitos necesarios para solicitar estas axudas son ter rendas ou ingresos insuficientes, contar cun patrimonio insuficiente ou acreditar razóns de carácter social, sanitario ou asistencial de situacións sobrevidas nun tempo próximo ao da súa solicitude como máximo nos últimos doce meses e que, pola súa gravidade, requiran dunha actuación urxente ou da necesidade de realizar a viaxe por mor desta razón. 

 

As e os interesados poden dirixirse aos seguintes enlaces: https://sede.xunta.gal e http://emigracion.xunta.gal.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas