GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A emigración, fenómeno humano complexo

(22/07/2009)

A emigración, fenómeno humano complexo
A emigración en si mesma non é un mal, é un fenómeno humano complexo e tan antigo como a mesma humanidade

2. A emigración, fenómeno humano complexo. Causas e consecuencias

A emigración en si mesma non é un mal, é un fenómeno humano complexo e tan antigo como a mesma humanidade. Ten serias repercusións nas persoas, nas familias e na sociedade. Unhas positivas: como a mellora das condicións económicas do emigrante, da súa familia e do seu país de orixe; a elevación, en moitos casos, do nivel cultural e profesional; a apertura a novos horizontes e a relacións humanas máis ricas, etc. Outras negativas: como o desarraigamento, o risco de ruptura familiar, a perda da saúde, o illamento, a soidade, a marxinación, a explotación? e unha mestura de amor á patria, que se segue considerando como propia, e de odio á mesma por non proporcionar ao que ten que emigrar as condicións mínimas para seguir vivindo na súa terra.

O mal da emigración adoita estar nas causas que a orixinan, xeralmente situacións de inxustiza, de violencia e de carencia en grao sumo mínimo para o digno desenvolvemento das persoas e das súas familias. Outras veces, o mal está no camiño, nas accións delituosas de intermediarios e traficantes. Outras, no destino polo abuso de persoas sen conciencia ou o establecemento de leis inxustas que non respectan a dignidade e os dereitos fundamentais das persoas.

Aínda que as causas das migracións poden ser de moi diversa natureza, as que orixinan a actual presenza de inmigrantes en España son case exclusivamente de natureza económica: subdesarrollo, fames negras, pobreza, paro... Nalgúns casos -exiliados, solicitantes de asilo e refuxio- as causas son a violencia, a persecución ou as guerras. Noutros, sinxelamente, a máis fácil mobilidade actual ou a coraxe de quen desexan coñecer outro mundo ou mellorar o seu nivel económico, cultural, etc.

Non son desdeñables outras causas que agravan a situación en orixe, no camiño ou en destino, como é a existencia de gobernos corruptos ou a explotación por parte de empresarios sen conciencia, ou de traficantes das máis diversas especies, con seres humanos, etc. Vistas as migracións desde Europa, hai un factor determinante para a vinda de inmigrantes, que é o actual «inverno demográfico» e desenvolvemento económico de Europa e máis en concreto de España. Este demanda traballadores que han de vir de países menos desenvolvidos, con numerosa poboación nova e escasas posibilidades de traballo.

Dada a liberdade de circulación, veñen tamén, por desgraza, entre as persoas honradas, membros de mafias e delincuentes comúns. Pero sería inxusto estender ao resto dos inmigrantes a valoración negativa destes. Non podemos esquecer aos estudantes ou aos que saen da súa terra a exercer un traballo, movidos polo desexo dunha mellor formación e experiencia profesional. Menos aínda aos misioneiros, capeláns, traballadores sociais, cooperantes, etc., que van prestar un servizo aos mesmos emigrantes ou aos máis desfavorecidos da sociedade.

En definitiva, atopámonos ante un complexo fenómeno social e persoal, que ten na súa orixe e desenvolvemento moi serios problemas. Boa parte destes débese a que as cousas non se fan do todo ben. Pero a emigración por si mesma non é un problema. O fenómeno migratorio é, de feito, unha situación estrutural que debe ser abordada, polo tanto, con creatividade, xustiza e eficacia[4].

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas