GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Goberno fixa as eleccións aos CRE entre o 13 e o 27 de maio

(21/12/2020)

O Goberno fixa as eleccións aos CRE entre o 13 e o 27 de maio


Crónicas da Emigración

Redacción, Madrid | 20 de decembro de 2020

 

Un momento de las últimas elecciones al CRE de Caracas.
Un momento das últimas eleccións ao CRE de Caracas.

 

As eleccións aos CRE (Consellos de Residentes de Españois) celebraranse entre o 13 e o 17 de maio, segundo as instrucións que o Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación remitiu aos consulados que teñen dereito a contar cun CRE e nas que se establece como datas preferentes o 15 e 16 de maio.

Estas instrucións non recollen a solicitude que fixo a Comisión Permanente do Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior (CGCEE) que pedía que, tendo en conta que desde o 2018 non se celebra o Pleno anual, alongáse dous anos máis o mandato deste órgano e, consecuentemente, se atrasan as eleccións dos CRE. A postura que expuxo a Permanente chocou coa que manifestaron algúns conselleiros, sobre todo de Europa, que pedían que se mantivese a convocatoria electoral para o primeiro semestre do ano, tal e como estaba previsto desde hai anos.

Nas instrucións enviadas aos consulados, recóllese que o próximo 26 de xaneiro se abre o prazo dun mes para convocar as eleccións aos CRE. Unha vez convocadas as eleccións, as candidaturas teñen ata o 1 de abril para presentar as listas e, a partir de aí, entre 30 e 40 días hábiles para celebrar as eleccións, é dicir entre o 13 e 27 de maio, con preferencia para o 15 e 16 de maio.

Poderanse constituír un CRE en todas as circunscricións onde haxa máis de 1.200 españois rexistrados no Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA) e naqueloutras nas que, aínda que teñan menos españois rexistrados, conten actualmente cun Consello de Residentes Españois constituído.

Unha vez que estean constituídos os CRE pasarase a elixir os representantes no CGCEE.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas