GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Nova lei castiga a quen apoia a inmigración ilegal, pero non a quen acolle

(27/07/2009)

Nova lei castiga a quen apoia a inmigración ilegal, pero non a quen acolle
Por Axencia EFE ? 26/06/2009

Madrid, 26 jun (EFE).- O Goberno aprobou hoxe un proxecto de Lei de Estranxeiría que castiga a quen incita e apoia a inmigración ilegal pero non ao "acollemento humanitario", e que amplía o prazo de internamento a 60 días pero aumenta as garantías e garante o apoio das ONG.

Así o asegurou a vicepresidenta primeira do Goberno, María Teresa Fernández de la Vega, na conferencia de prensa posterior á reunión do Consello de Ministros, na que apuntou que con este novo texto preténdese "pasar dunha lei de estranxeiría a unha de inmigración".

O proxecto de Lei, cuxo nomee oficial é Lei Orgánica de reforma da Lei Orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre Dereitos e Liberdades dos Estranxeiros en España e a súa Integración Social, será enviado ao Congreso para a súa tramitación parlamentaria.

O texto, que incorpora a xurisprudencia do Tribunal Constitucional e transpone as directivas europeas, é "equilibrado e garantista", asegurou De la Vega.

Con esta reforma, o Goberno confía lograr unha inmigración "legal, ordenada, integrada, con dereitos e obrigacións de cidadáns", para o que apostou polo consenso, o rigor e a eficacia".

Así, a vicepresidenta destacou que o proxecto de lei "perfecciona o sistema de fluxos migratorios en función do mercado de traballo", aumenta loita contra a inmigración irregular e favorece a integración dos inmigrantes mediante iniciativas educativas.

Tamén se reforma o sistema da agrupación familiar, aprazando a dos ascendientes ata que teñan 65 ou "existan casos humanitarios" e posibilitando a da parellas de feito.

Tras destacar certos aspectos da lei, que agora comeza o seu trámite parlamentario, De la Vega expresou a súa confianza en que "todos os grupos políticos busquen, desde a responsabilidade, o consenso que necesita esta lei" e asegurou que o Executivo pola súa banda mantén "o espírito de diálogo" con que se abordou a reforma.

Así, a vicepresidenta recordou que o texto incorpora as achegas de organismos como o Consello Económico Social, a Conferencia Sectorial de Inmigración, a Comisión Interministerial de Estranxeiría ou o Foro de Integración Social dos Inmigrantes, engadiu.

Entre as novidades, cabe destacar que a nova lei persegue a promoción da inmigración irregular pero deixa "fóra de toda dúbida" que non se vai a perseguir a acollida humanitaria.

O texto tamén mellora as garantías nos procedementos de expulsión introducindo o principio de proporcionalidade para graduar as propostas de sanción.

Ademais, acoútanse/acóutanse as posibilidades de suspensión do prazo de internamento aos supostos de solicitude de asilo ou hábeas corpus, por un tempo taxado e establécense os prazos máximos de suspensión.

En canto aos menores non acompañados, o texto prevé a celebración dunha audiencia do menor nos procesos de repatriación.

Así mesmo, o proxecto contempla unha serie de melloras na loita contra a inmigración irregular que perseguen profundar nos instrumentos preventivos, aumentar a eficacia dos procedementos de repatriación e a mellora das garantías nas distintas situacións.

Así, está prevista a creación dun rexistro de entradas e saídas dos estranxeiros para mellorar o control preventivo da estancia irregular.

Ademais, as ordes de expulsión poderán conceder un prazo entre 7 e 30 días para que se abandone voluntariamente España, e imporanse prazos de prohibición de entrada dun máximo de 5 anos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas