GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Falece o director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega

(08/02/2021)

Falece o director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega

O presidente da Xunta lamentou o falecemento de quen era delegado da Xunta na capital de España desde 2009.

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2021.

 

José Ramón Ónega, director da Casa de Galicia en Madrid, faleceu nas últimas horas. O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, lamentou o falecemento de quen era delegado da Xunta na capital de España desde 2009.

 

Feijóo tense referido a José Ramón Ónega como “o mellor embaixador que puido ter Galicia en Madrid” e incidiu en que formaba parte “desa ampla lexión de galegos que souberon galeguizar Madrid”.

 

Nesa liña, tamén valorou o seu esforzo por converter a Casa de Galicia “nunha casa coas portas abertas para a sociedade, a cultura ou as empresas con raíces na nosa terra”.

 

José Ramón Ónega naceu en Mosteiro (Pol) en 1939 e era licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago. Técnico da Administración Civil do Estado, ocupou diversos cargos no Ministerio do Interior. Foi, por exemplo, gobernador civil de Zamora e Biscaia, inspector xeral de Servizos, xefe de relacións do Ministerio cos tribunais de Xustiza ou director xeral de Política Interior.

 

Ademais tamén foi presidente da Comisión Nacional contra a violencia deportiva, secretario xeral da Comisión Interministerial de Estranxeiría e presidente da Comisión Interministerial de Asilo e Refuxio.

 

Tamén publicou varios libros, así como colaboracións en prensa.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas