GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

‘Virtudes (e misterios)’, novela do xornalista Xesús Fraga, publícase tamén en castelán

(11/02/2021)

‘Virtudes (e misterios)’, novela do xornalista Xesús Fraga, publícase tamén en castelán


Crónicas da Emigración

Redacción, Vigo | 10 de febreiro de 2021

 

Virtudes e misterios.pg
Portada do libro.


A novela ‘Virtudes (e misterios)’, do xornalista Xesús Fraga, e de cuxa publicación en galego xa deu conta ‘Galicia no Mundo’ en marzo do pasado ano, pódese ler agora en lingua castelá grazas –segundo asegura o propio autor–, ao “esforzo grande” da editorial Xordica, unha casa editorial fundada hai 25 anos en Zaragoza, que non dubidou en incluír o traballo deste galego, de Betanzos (A Coruña), entre as súas publicacións de ficción contemporánea.

Baseada na súa experiencia persoal e nas súas vivencias familiares, Fraga relata nesta novela a historia da súa propia familia, tinguida de recordos pola emigración a Venezuela, pero sobre todo a Londres, onde se instalou a avoa e onde o autor naceu e pasou longas etapas da súa infancia e mocidade.

Galardoada co Premio de Novela Branco Amor 2019, o título orixinal convértese agora en ‘Virtudes (e misterios)’ grazas á aposta de Xordica por ofrecer “outra visión do mundo da literatura a través do libro impreso e de ofrecer obras de autores con voz propia”. E iso “sen esquecer o coidado que o libro merece e que o bo lector sabe apreciar”.

O libro, que supera as 300 páxinas, empezou “como un desexo de saber e de homenaxe” e “acabou por ser tamén un retrato de familia, dunha xeración de mulleres que colleu a maleta… para cruzar océanos de homes que tamén os atravesaron, pero non souberon… honrar o seu destino”, comenta o propio Fraga no coidado dossier que Xordica preparou para o lanzamento desta entrañable novela. O escritor e guionista Ignacio Martínez de Pisón –Premio Nacional de Narrativa en 2015– describiuna como “conmovedora epopea de mulleres”. Pola súa banda, Manuel Rivas refírese a ‘Virtudes (e misterios)’ como “unha gran novela da vida emigrante”.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas