GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta promoverá un plan de sensibilización para evitar novos casos de violencia contra mulleres inmigrantes

(30/07/2009)

A Xunta promoverá un plan de sensibilización para evitar novos casos de violencia contra mulleres inmigrantes
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 29 Jul. (EUROPA PRESS) -

A secretaria xeral de Igualdade da Xunta, Marta González, e o de Emigración, Santiago Camba, reuníronse hoxe para analizar a situación da violencia machista a raíz do asasinato dunha muller peruana na Coruña e acordaron impulsar un plan de sensibilización para evitar que se reproduzan este tipo de casos.

A raíz do asasinato de M.L.T.P. o pasado 16 de xullo na Coruña a mans da súa parella, ambas as secretarías xerais buscan a coordinación para promover medidas de sensibilización, prevención e formación entre a cidadanía inmigrante en Galicia que eviten novos casos de violencia machista.

Ambos os departamentos dependentes da Presidencia da Xunta traballan conxuntamente no desenvolvemento deste plan de actuación para tratar de forma integral a igualdade entre homes e mulleres que chegan a Galicia. Ambas as secretarías subliñaron tamén a necesidade de que se impliquen todos os sectores na loita contra esta lacra social.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas