GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os nosos emigrantes e o financiamento autonómico

(30/07/2009)

Os nosos emigrantes e o financiamento autonómico
José Francisco Souto Parada
Moaña (Pontevedra)

É lamentable que a débeda acumulada ou pendente cos nosos emigrantes, regados por todos os recunchos do mundo, non conte, a día de hoxe, cunha resposta afirmativa do Goberno Central. A pesar da petición, clara e precisa, do presidente da Xunta de Galicia, D. Alberto Núñez Feijóo, expondo oportunamente as limitacións existentes para poder atender as necesidades máis elementais desa lexión de paisanos, que os anos cincuenta, sesenta ou posteriores buscaron e conseguiron na emigración unha esperanza de traballo para mellorar a súa situación socio-económica e a da súa familia. Foi Galicia, sen dúbida, a que máis achegou a esa corrente esperanzadora na que moitos mozos da época alistámonos, e hoxe pedimos comprensión e xustiza.
Historia real, que se lle oculta á nosa mocidade sen ningunha xustificación, como non sexa a de venderlle o facilismo histórico moderno de como gastar ou gozar da vida sen custo ou sacrificio algún para conseguir os medios para iso. Ocultando a verdadeira historia da nosa emigración chea de obstáculos só superados por sacrificios e traballo creador, amparado iso si en valores e principios tradicionais da nosa terra que soubemos soportar con orgullo e "morriña". Para no tempo fundar verdadeiras colonias de galegos por todo o mundo, onde mantemos e divulgamos os nosos costumes e tradicións que transmitimos ás nosas xeracións con lealdade e orgullo.
Hoxe veñen á miña memoria, con certa tristeza, as palabras dun amigo moi próximo á miña familia, cando lle manifestei a miña vontade de emigrar, el retornara de Arxentina logo de corenta anos. Sentar e escoita raparigo: "O emigrante cando abandona a súa terra perde todo, onde chegues sempre serás estraño e se algún día regresas máis estraño e incomprendido vasche a sentir". Pouco ou nada influíron en min aqueles sabios consellos, pero logo de corenta e cinco anos en Venezuela e hoxe retornado fai cinco teño que aceptar con tristeza aqueles sabios consellos.
Todos os emigrantes que hoxe traballan e conviven en España merecen todo o respecto, consideración e axuda oportuna para o seu traballo, estadía e integración. Só pedimos, de todo corazón, o mesmo trato para os nosos emigrantes diseminados por todos os recunchos do mundo, algúns en serias dificultades como é o caso de Venezuela hoxe.
Se de verdade quérese axudar aos nosos emigrantes, ao choio. Son moitos os que están sufrindo ese exilio involuntario que lle tocou nesa ruleta que todos os emigrantes xogan cando salguen da súa terra. Para logo dun longo peregrinar ter que resignarse a formar parte desa Galicia universal e eterna, sumida no esquecemento ou manipulada por certos políticos. Pero a pesar de todo estrañan certas esperanzas e senten morriña pola súa terra.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas