GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Delegación Xunta Bos Aires trasladarase en setembro ao Centro Galicia

(31/07/2009)

Delegación Xunta Bos Aires trasladarase en setembro ao Centro Galicia



Santiago de Compostela, 30 jul (EFE).- A sede da delegación da Xunta en Bos Aires trasladarase ao Centro Galicia o próximo mes de setembro, un cambio de localización que permitirá reducir os gastos correntes "nun 50%", segundo informou a Xunta nun comunicado.

O secretario xeral de Emigración e a nova directiva do Centro Galicia de Bos Aires reuníronse hoxe para ultimar os detalles do traslado, entre outros asuntos.

Segundo a Xunta, o cambio da sede da delegación suporá, ademais de aforro, un lugar "máis accesible" para os emigrantes galegos que viven na capital arxentina.

O Centro Galicia asumirá nas súas instalacións, que ocupan 14.500 metros cadrados, a oficina do Goberno galego coa intención de "reducir o seu custo operativo" e "mellorar a atención directa" aos galegos do exterior.

Así mesmo, parte dos aforros "destinaranse a proxectos sociais que os beneficien.

Na reunión tamén se trataron liñas de colaboración nas áreas recreativa, educativa e cultural que defende o Centro Galicia, sobre todo, as destinadas á mocidade.

Destaca, por exemplo, a creación dunha escola de hostalería para "pór en valor o peso importante" da influencia da restauración galega na arxentina e que crear novas opcións de futuro para os descendentes de emigrante galegos. EFE

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas