GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración apoia á Fundación Nosa Terra no proxecto de instalación dun monumento dedicado aos galegos que traballaron na construción da Canle de Panamá

(26/04/2021)

Emigración apoia á Fundación Nosa Terra no proxecto de instalación dun monumento dedicado aos galegos que traballaron na construción da Canle de Panamá

Antonio Rodríguez Miranda mantivo unha videoconferencia cos responsables da iniciativa que pretenden honrar o legado dos máis de 8.000 galegos que formaron parte da execución desta obra.

 

Antonio Rodríguez Miranda, durante a videoconferencia cos representantes da Fundación Nosa Terra de Panamá

Antonio Rodríguez Miranda, durante a videoconferencia cos representantes da Fundación Nosa Terra de Panamá

 

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2021.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda mantivo nas últimas horas unha reunión cos membros da Fundación Nosa Terra de Panamá aos que se apoia no impulso do proxecto de instalación dun monumento dedicado aos máis de 8.000 galegos que traballaron na construción da canle que une o Atlántico co Pacífico.

 

Na videoconferencia estiveron presentes o presidente da asociación, Ricardo Gago, o tesoureiro, Daniel Pichel, así como Juan Carlos Barreiro, Manuel Pico e Francisco Sieiro.

 

Tal e como lle trasladaron ao secretario xeral, a Fundación Nosa Terra naceu co propósito de renderlle unha homenaxe a todos os galegos que participaron na construción da Canle de Panamá no ano 1904, xa que, ademais, moitos deles prolongaron a súa estancia naquel país e incluso se asentaron e fundaron unha familia.

 

“Para a Xunta de Galicia sería unha cuestión de xustiza poder levar a cabo a instalación deste memorial a todos eses galegos que formaron parte dunha obra de enxeñería tan esencial para o desenvolvemento económico da humanidade”, explicou Antonio Rodríguez Miranda.

 

A idea da construción dun monumento xurdiu o ano pasado, en plena pandemia, para o que esta Fundación comezou a recoller datos sobre a obra destes máis de 8.000 galegos, “dos que destacaban os responsables da obra a súa gran capacidade de traballo e a súa excelente calidade. De feito segundo destacou por escrito o enxeñeiro xefe da obra, Frank Stevens, cada galego valía por tres dos seus compañeiros. É unha honra para nós que sexan recordados dun xeito tan destacado”.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas