GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

De cada dez novos habitantes de Europa, oito son inmigrantes

(31/07/2009)

De cada dez novos habitantes de Europa, oito son inmigrantes
A Europa dos Vinte e sete alcanza os 500 millóns de persoas grazas ao incremento poboacional en España. O noso país é onde se viu nos últimos dez anos. Como dato destacado un de cada tres novos habitantes da UE proveñen de España. A inmigración foi cáusaa determinante no aumento da poboación en Europa. Tamén hai que destacar que a idade media subiu 1,8 anos nesta década

. Rebeca Puente Moya - 30-07-09

 

Inmigrante na capital de España


Europa xa alcanzou os 500 millóns de persoas grazas ao incremento poboacional de España. Así o sinalou Eduardo Hertfelder, presidente do Instituto de Política Familiar (IPF). E é que España non só foi o país dos Vinte e sete con maior crecemento poboacional nos últimos dez anos senón que, ademais, o seu incremento foi fundamental para o incremento dos habitantes en Europa.


A achega de España ao crecemento poboacional europeo foi evidente. En efecto, das 19.406.443 persoas coas que se incrementou a UE de 1999 a 2009, en España son 6.859.123. Isto significa que case 4 de cada 10 persoas, un 37% son do noso país.


Este aumento foi o maior de Europa seguido de Francia e Italia aínda que estes quedan bastante lonxe. Pola contra, países como Bulgaria, Polonia, Rumania, Hungría, Lituania, Letonia e Estonia perdeu poboación neste mesmo período.


Dous das principais características deste incremento, segundo o IPF, foron á chegada de inmigración e a segunda causa, o aumento da idade media das persoas en Europa. Na última década, subiu 1,8 anos. Xa que logo, na actualidade supera xa os 40,3 anos.


Dos 6,8 millóns de crecemento poboacional experimentado en España, máis de 4,8 millóns de persoas foron inmigrantes, o que supuxo o 72% do seu aumento. De feito, máis de catro quintas partes do crecemento débense á inmigración.


Ademais, e o que preocupante, conclúe Eduardo Hertfelder, o crecemento poboacional debeuse exclusivamente á inmigración pola escasa natalidade dos países dos Vinte e sete. Hai que recordar que nestes, prodúcense 775.000 nacementos anuais menos que fai 25 anos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas