GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta mostra o seu compromiso cos emigrantes galegos que queiran retornar, unha das súas 'prioridades'

(03/08/2009)

A Xunta mostra o seu compromiso cos emigrantes galegos que queiran retornar, unha das súas 'prioridades' 
EUROPA PRESS - SANTIAGO DE COMPOSTELA - 01-08-2009 A Xunta de Galicia reiterou á colectividade galega no exterior o seu 'compromiso' cos emigrantes que desexen retornar a Galicia e considerou este tipo de políticas unha das 'prioridades' do novo executivo.

Así o sinalou Víctor Díaz-Pache, representante da Secretaría Xeral de Emigración, en nome do seu responsable, Santiago Camba, que participou onte na XXII edición da Festa do Emigrante de Tordoia, que rende homenaxe ás persoas da localidade que residen en Suíza.

Neste encontro, Díaz-Pache encomiou o 'atractivo da diversidade' galega. 'Podemos sentirnos galegos e seguir sendo suízos, e á inversa. Desta realidade son coñecedores os vosos fillos e netos, orientados cara a unha formación bicultural', sinalou.

Ademais, dixo aos emigrantes que no pasado foran 'enormemente xenerosos con Galicia', polo que 'agora é o momento de facervos volver nas mellores condicións'.

Así, a través do Plan Galego de Apoio ao Retorno, a Xunta porá en marcha unha serie de medidas coa finalidade de que os emigrantes que desexen volver 'poidan exercer os seus dereitos en igualdade de condicións' aos galegos que residen na Comunidade Autónoma.

Suíza é desde 2002 o principal país de retorno, superando a Arxentina, mentres que a Costa da Morte é o principal emisor de emigrantes que volven á Comunidade. Segundo datos do INE, un total de 1.091 galegos volveron de Suíza só na provincia da Coruña, mentres que Galicia é a terceira Comunidade, detrás de Madrid e Cataluña, que recibe máis españois procedentes do estranxeiro.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas