GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Facenda alemá teme que os tribunais anulen o IRPF sobre as pensións de xubilación

(21/05/2021)

A Facenda alemá teme que os tribunais anulen o IRPF sobre as pensións de xubilación

 

 

Luis Gulín en Xinzo web

Luís Gulín nunha charla en Xinzo de Limia con emigrantes retornados


A Rexión Internacional 21/05/2021

Arrincou o 19 de maio ante o Tribunal Superior de Finanzas de Alemaña (Bundesfinanzhof - BFH) en Munich o xuízo sobre a suposta ilegalidade de aplicar o IRPF ás pensións de xubilación alemás, por infrinxir o principio constitucional da non dobre imposición en materia tributaria.

Este proceso é de gran interese para millóns de persoas que reciben unha pensión de xubilación de Alemaña, entre eles miles de emigrantes retornados. Este colectivo, a pesar de ser residentes fiscais en España, a maiores desde o 1 de xaneiro de 2015 teñen que abonar á Facenda xermana un 5 por cento de IRPF sobre a pensións alemás anuais que perciben dese país, sendo posteriormente posible deducir a cantidade abonada na declaración da renda española na casilla de dobre imposición internacional.

Segundo observadores presentes no xuízo oral a impresión das primeiras sesións fai temer o peor para o Ministerio de Facenda xermano. A sentenza final está programada na súa lectura pública para o 31 de maio ás 10 da mañá. A presidenta da sala X do BFH, Jutta Förster, foi implacable co representante do Ministerio de Facenda e expuxo moitas preguntas incómodas. A pesar de insistir de que non se trata dunha dobre imposición, o Ministerio de Facenda mostrouse conciliador e cooperativo en mellorar a lexislación tributaria. Esta actitude fai pensar que se espera por parte do goberno alemán que a sentenza do 31 de maio podería resultar desagradable para as autoridades tributarias.

Indicios polo menos hainos a nivel rexional. Fai un par de semanas o Tribunal Rexional de Finanzas (equivalente aos TEAR en España) do Land do Sarre denegou o carácter de dobre imposición a unha pensión de xubilación oficial do estado, pero alegando na súa argumentación que estima que si existe pero que o denunciante non puido achegar todas as probas documentais esixidas pola vixente Lei Tributaria alemá. Outra sentenza do Tribunal Rexional de Hesse aceptou a existencia da dobre imposición nas pensións complementarias que proceden dos fondos de pensións das empresas (as chamadas Betriebsrenten) e outro tribunal rexional considerou que estas pensións complementarias deberían incluírse na declaración da renda pero non no apartado de ingresos, senón na casilla dos aforros financeiros. Por tanto non deberían ter a consideración dunha segunda pensión.

O 31 de maio saberemos máis.

Luís Gulin Iglesias, Secretario Provincial de Emigración PSOE Ourense

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas