GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A crise incrementou o regreso da poboación emigrante a Galicia no 2008

(03/08/2009)

A crise incrementou o regreso da poboación emigrante a Galicia no 2008

De Canarias volveron 4.000 persoas, mentres que o éxodo de galegos cae ao seu nivel máis baixo do decenio

Autor:
Xesús Fraga
Data
31/7/2009

Os efectos da crise tamén teñen o seu reflexo nos movementos poboacionais. Unha das súas consecuencias é o incremento no retorno de emigrantes a Galicia, que foi durante o 2008 de 17.607 persoas de todo o territorio nacional, mentres que o éxodo experimentou unha notable caída: segundo os datos do INE, o ano pasado marcháronse da comunidade a outras provincias españolas 15.335 galegos. Non só é sensiblemente inferior ao mesmo dato do 2007, 17.585 persoas, senón que se sitúa no nivel máis baixo do que vai de década, a considerable distancia do pico máximo, que se deu no 2002 coa marcha de 18.684 galegos, un fenómeno que algúns demógrafos relacionaron con outra crise, esta de carácter local e vinculada ao desastre do Prestige.

A radiografía do INE tamén permite concluír que este proceso de retorno en alza ten tres focos principais: Canarias, Madrid e Cataluña. Son tres comunidades ás que tamén se emigra en números máis altos, e por iso o intercambio é máis fluído, pero no 2008 os que regresaron das illas, un lugar que xera emprego nos sectores da construción e a hostalería, fixérono case en masa: un total de 3.947 fixeron as maletas para volver a Galicia; de Madrid retornaron 2.709, e de Cataluña, 2.612. En contraste, a Canarias o ano pasado fóronse só 2.195 galegos, cando no 2007 este número chegara a 2.993. A Madrid e Cataluña tamén emigraron menos persoas, aínda que o descenso non foi tan acusado. Outras comunidades coas que Galicia mantén movementos poboacionais por encima das mil persoas son Castela e León, Andalucía e Baleares, as dúas últimas principalmente polo sector da hostalería, e a primeira por razóns de proximidade.

El retorno segue subindo

Se o éxodo de galegos sitúase no seu nivel máis baixo da década, o número de retornados non deixa de crecer, a un ritmo lento pero sen pausa. No 2005 regresaron á comunidade 16.733, no 2006 foron 16.828, para subir novamente no 2007 a 17.144. No 2008 a volta experimentou unha nova subida e chegou ás 17.607 persoas.

As provincias que máis acusaron ese regreso, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística, foron A Coruña e Pontevedra, con 7.318 e 5.692 retornados, respectivamente. Lugo e Ourense quedaron a bastante distancia, con 2.223 e 2.374 persoas que volveron a estas provincias.

Os números do INE tamén reflicten a migración dentro da propia Galicia. Durante o 2008 un total de 53.825 persoas cambiaron de residencia dentro dalgunha das catro provincias.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas