GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Álbum de Galicia incorpora a biografía do mecenas Perfecto López, emigrado a Arxentina

(18/06/2021)

O Álbum de Galicia incorpora a biografía do mecenas Perfecto López, emigrado a Arxentina


Crónicas da Emigración

Redacción, Santiago | 17 de xuño de 2021



CCG-Perfecto Lopez y Ramon Piñeiro

Perfecto López –á dereita.–, xunto a Ramón Piñeiro en 1958.


A historia de Perfecto López (Vimianzo, 1904-Buenos Aires, 1970) comeza como a de tantos outros emigrantes que collen a súa maleta e trasládanse a Arxentina. Comezou traballando na automoción, coa xestión de garaxes e talleres, que derivaría na creación dos concesionarios Perfecto López & Cía, un referente en Buenos Aires.

Pola súa contribución a Galicia, tanto na dimensión económica como na política e cultural, desde este mércores o seu nome foi incorporado ao Álbum de Galicia, unha colección dixital de biografías de persoas que destacaron en diversos ámbitos creada co fin de dar visibilidade e perspectiva ao conxunto de homes e mulleres, xa falecidos, que contribuíron dunha maneira e outra ao progreso da comunidade galega.

O espírito emprendedor estaba escrito na mente de Perfecto López, quen, co beneficio do seu negocio de coches comprou terras para explotacións gandeiras e incrementou a súa abundante fortuna. Coa mellora económica chega o progreso social e inicia a súa implicación política.

O estalido da Guerra Civil supuxo o primeiro momento de implicación política de Perfecto ao fundar a Agrupación do Partido de Corcubión de Axuda á fronte Popular en 1937. Ao ano seguinte intervén nas eleccións ao Centro Gallego, integrado na agrupación Unión Galega, e formaría parte da súa directiva, como vocal representante, desde 1939 a 1941.

A chegada de Castelao a Buenos Aires en 1940 tivo un significado especial. Foi un dos seus estreitos colaboradores, e formou parte do reducido grupo que sufragou os gastos da estancia dos Castelao (e despois da súa viúva Virginia). Pero tamén de toda canta institución se fundou ao redor do galeguismo porteño nestes anos: os centros provinciais, a Irmandade Galega ou o Consello de Galiza, entre outros, cos respectivos portavoces (Opinión Galega, A Nosa Terra, Galeuzca...). Un camiño que continuaría en numerosas ocasións. En 1958 volve a Europa e non será unha viaxe máis, pois vai marcar un antes e un despois na historia do Galeguismo. De primeiras, reúnese en París con César Alvajar, o representante alí do Consello de Galiza, e despois retorna a Galicia.

En setembro ten lugar a famosa reunión da Rosaleda, na que a xente de Galaxia, cunha ‘mise-en- scène’ artellada por Ramón Piñeiro, expuxo a súa estratexia de actuación que chocaba frontalmente coa idea do Consello de Galiza.

As distintas visións políticas non impedían o entendemento cultural, e o propio Perfecto comprométese a financiar (e a buscar financiamiento, con Xesús Canabal no Uruguai) para a publicación da Revista Galega de Economía, que botará a andar ese 1958. Ao ano seguinte colabora de novo con Seoane, neste caso, na creación da audición radial do Centro Lucense.

Aos poucos foi abandonando a primeira liña de acción e pasou a colaborar tan só con proxectos editoriais como a revista ‘ Alén Mar ’, portavoz da AAHG, ou o novo periódico ‘Correo de Galicia’, publicacións que dirixía o seu fillo Perfecto.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas