GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración lembra o remate do prazo do programa de formación e mentorización para mozos e mozas para a transición da vida académica á laboral

(04/09/2021)

Emigración lembra o remate do prazo do programa de formación e mentorización para mozos e mozas para a transición da vida académica á laboral

O Goberno galego destina 450.000 euros a esta iniciativa que conta coa colaboración das tres universidades galegas e da que se poderán beneficiar este ano 350 mozos e mozas que acaban de rematar os seus estudos.

 

O prazo de presentación de solicitudes remata o próximo 10 de setembro.

 

Durante tres meses as e os participantes recibirán asesoramento de expertas e expertos e desfrutarán de diferentes actividades, como visitas a empresas, para axudarlles a impulsar a súa rede de contactos e achegarlles máis oportunidades laborais.

 

As mozas e mozos emigrantes retornados poden presentar a súa solicitude de participación a este programa.

 

O prazo de solicitude remata o vindeiro 10 de setembro

O prazo de solicitude remata o vindeiro 10 de setembro

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2021.

 

A Secretaría Xeral da Emigración recorda que o Goberno galego destina 450.000 euros á posta en marcha dun programa de mentorización para mozos e mozos para a transición da vida académica á laboral que conta coa colaboración das tres universidades galegas e da que se poderán beneficiar este ano 350 mozas e mozos que acaban de rematar os seus estudos. O prazo de presentación de solicitudes remata o próximo 10 de setembro.

 

Durante tres meses recibirán asesoramento de expertas e expertos e desfrutarán de diferentes actividades, como visitas a empresas, para axudarlles a impulsar a súa rede de contactos e achegarlles máis oportunidades laborais.

 

As mozas e mozos emigrantes retornados tamén poden presentar a súa solicitude de participación neste programa. 

 

A Xunta ten aberta ata o próximo 10 de setembro esta convocatoria para que as mozas e mozos de Galicia participen nun programa pioneiro de formación e mentorización, desde o ámbito da educación non formal e co obxectivo de favorecer a súa empregabilidade. O Goberno galego inviste 450.000 euros nesta iniciativa, cofinanciada pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e polo Fondo Social Europeo, que este ano beneficiará a 350 mozas e mozos que acaban de rematar os seus estudos para facer posible unha efectiva transición da vida académica ao mercado laboral.

 

Todo aquel ou aquela que queira participar no programa pode inscribirse de xeito telemático nesta ligazón. As mozas e mozos participantes deben estar inscritos no Sistema nacional de Garantía Xuvenil.

 

Entre o 17 de agosto e o 17 de setembro realizaranse as entrevistas persoais co equipo técnico do programa. A publicación da listaxe definitiva de persoas participantes publicarase antes do 20 de setembro.

 

Dobre obxectivo

 

Con este programa a Xunta procura traballar nun dobre obxectivo, por un lado, facilitarlle á mocidade unha completa programación con apoio directo de expertas e expertos, empresariado e profesionais con experiencia, que actuarán como mentoras e mentores, para optimizar a procura de emprego e adquirir aquelas habilidades que máis se están a demandar. E por outro, amosarlles ás empresas todas as capacidades e o talento que posúe a xuventude galega.

 

Durante tres meses recibirán formación, asesoramento e desfrutarán de diferentes actividades, como visitas a empresas ou conferencias, para axudarlles a impulsar a súa rede de contactos e achegarlles máis oportunidades laborais.

 

Nesta iniciativa pioneira contarase tamén coa colaboración das tres universidades galegas para que esta transición sexa acorde non só ás demandas e necesidades laborais, senón tamén se axuste á realidade académica. Así mesmo, o programa estará aberto á participación de máis entidades sociais, empresas, asociacións empresariais ou clústeres, a través da firma dun modelo de adhesión como entidade colaboradora en materia de difusión e promoción do programa, achega de mentoras e mentores e/ou colaboración nas actividades formativas e de capacitación.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas