GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Aumenta do número de asociacións de inmigrantes que solicitan subvencións á Xunta

(10/08/2009)

Aumenta do número de asociacións de inmigrantes que solicitan subvencións á Xunta

EFE Actualizado 07-08-2009 18:53 CET
Santiago de Compostela.- Un total de 66 asociacións de inmigrantes ou emigrantes retornados solicitaron este ano unha subvención á Secretaría xeral de Emigración da Xunta, o que representa "un aumento" fronte a anos anteriores, informou hoxe o Goberno autonómico nun comunicado.

(EFE)Un total de 66 asociacións de inmigrantes ou emigrantes retornados solicitaron este ano unha subvención á Secretaría xeral de Emigración da Xunta, o que representa "un aumento" fronte a anos anteriores, informou hoxe o Goberno autonómico nun comunicado. EFE/Arquivo
En 2008 foron 56, dez menos, as entidades que requiriron estas subvencións dirixidas ao desenvolvemento de programas de integración sociolaboral ou actividades de formación, indicaron a Efe fontes da Xunta.

Así mesmo, o número de asociados que se benefician do programa de axudas desenvolvido polo Goberno autonómico situouse este ano en 15.000, fronte aos 4.000 socios que gozaban do mesmo en 2004, segundo indicou a Xunta nun comunicado.

A Secretaría de Emigración destacou que se está conformando "un novo escenario social" en Galicia, no que a diversidade cultural representa un "factor fundamental", polo que enxalzou o valor do asociacionismo á hora de abrir "novas canles de participación cidadá" e defender os intereses destes colectivos.

Segundo informou a Xunta, hai un total de 95.568 inmigrantes en Galicia, unha cifra que "practicamente cuadruplica" a do ano 2000 e que supón 3,4 por cento do total da poboación da comunidade autónoma.

Ademais, Galicia conta cun total de 37.800 emigrantes retornados, o 86 por cento procedentes de América, o que a converte na terceira comunidade que recibe a un maior número de españois retornados tras Madrid e Cataluña

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas