A quinta das "Pílulas do Retorno" trata sobre a asistencia sanitaria
Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2021.
A Secretaría Xeral da Emigración continúa coa publicación das súas pílulas informativas en relación aos principais documentos que se deben obter ao chegar a Galicia. Nesta ocasión, explícase a tramitación da asistencia sanitaria.
Neste novo vídeo apórtase información sobre como e onde se pode xestionar estes servizos sanitarios. Para máis información, poden dirixirse a calquera das cinco oficinas integrais de asesoramento e seguimento ao retorno (situadas en Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo), cofinanciadas polo Fondo Social Europeo. Tamén poden enviar un correo electrónico a retorno.emigracion@xunta.gal.