GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración consolida os incrementos na atención aos galegos e galegas do exterior e reforza o apoio ao retorno

(26/10/2021)

Emigración consolida os incrementos na atención aos galegos e galegas do exterior e reforza o apoio ao retorno

As contas deste departamento alcanzarán os 16,2M€, aumentando especialmente el capítulo destinado ás bolsas de excelencia académica, BEME, nun 28% con respecto o ano pasado, chegando case aos 2M€.

 

A Secretaría Xeral manterá o reforzo social aos galegos e galegas do exterior e ás entidades galegas, con 7M€.

 

Co reforzo do futuro orzamento, a Xunta segue a apostar polo retorno con case dez millóns de euros investidos nestes dous anos a pesar da crise sanitaria. 

 

A maiores, apóstase por seguir promovendo o Xacobeo no mundo, destinando tamén 500.000 euros ao Día da Galicia Exterior.

 

O orzamento da Secretaría Xeral da Emigración en 2022 acadará os 16,2 millóns de euros

O orzamento da Secretaría Xeral da Emigración en 2022 acadará os 16,2 millóns de euros

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2021.

 

Os orzamentos da Secretaría Xeral da Emigración para o 2022 consolídanse para seguir mantendo o apoio ás galegas e aos galegos do exterior e ás entidades que os representan, así como para potenciar o retorno a Galicia.

 

Deste xeito, a Secretaría centrarase no reforzo social, no apoio ás entidades no exterior e na potenciación das accións de retorno a Galicia, cun orzamento global de 16,2M€. Consolídanse así as súas contas dos últimos anos, mantendo o incremento de máis dun 100% dende 2015.

 

No ámbito do retorno, este departamento supera por primeira vez os 5 M€ destinados aos galegos e galegas do exterior que volven a Galicia, ampliando a liña destinada ao retorno emprendedor en 200.000 euros máis, pasando así a contar cun millón de euros, xunto a un importante ascenso do capítulo destinado ás Bolsas Excelencia Mocidade Exterior, BEME, que crecen nun 28%, ata acadar os 1,97M€. Ademais, mantense o 1,7M€ destinado a axudas extraordinarias ao retorno na procura de seguir axudando a facer fronte aos gastos extraordinarios derivados do seu regreso á Comunidade Autónoma de Galicia ás  familias que presentan máis dificultades no momento da chegada. 

 

Mantense así o compromiso do Goberno autonómico coas e cos galegos do exterior, especialmente na procura de facilitarlles as oportunidades precisas para que poidan volver á súa terra, destacando que co reforzo do 2022, serán 10 millóns de euros os destinados para retorno nestes dous anos marcados pola crise sanitaria.

 

O montante destinado a potenciar o regreso das e dos galegos no exterior complétase coa Oficina de Atención ao Retorno, que recibirá 500.000 euros para continuar a traballar a favor de facilitar o acceso á información útil e necesaria a tódolos retornados e retornadas. O obxectivo é manter a tendencia á alza das cifras de retorno, con case 4.000 galegas e galegos que volveron á súa terra no 2020, a pesar de todas as complicacións xeradas pola pandemia que mantiveron a mobilidade freada durante 9 dos 12 meses do ano.

 

Reforzo social e a entidades

 

Emigración manterá tamén o vindeiro exercicio o seu apoio ás Comunidades Galegas do Exterior, en especial, no eido social e das entidades, de cara a afrontar as enormes dificultades individuais e colectivas que continúa a provocar a pandemia nos distintos lugares do mundo no que residen cidadás e cidadáns galegos.

 

A Secretaría Xeral destinará así 3,1 millóns de euros ás axudas sociais directas a persoas, destacando a maiores o apoio ás entidades galegas no exterior, facendo unha especial atención aos centros galegos que prestan asistencia sociosanitaria. A dotación destinada ao apoio ás entidades galegas no exterior concrétase nos 3M€. 

 

Finalmente, este departamento autonómico continuará colaborando na potenciación e desenvolvemento do Xacobeo 2021-22, destinando unha liña extraordinaria de apoio para a participación das e dos galegos no Día da Galicia Exterior, que terá especial relevancia o próximo ano e ao que se destinarán 500.000 euros.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas