GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os emigrantes retornados ourensáns, " fartos" da desigualdade fiscal

(04/11/2021)

Os emigrantes retornados ourensáns, " fartos" da desigualdade fiscal


Retornados

Retornados


A Rexión Internacional 04/11/2021


A Plataforma Provincial de Emigrantes Retornados saíu de novo ás rúas da cidade para reclamar a derrogación da Lei 35/2006 que lles obriga a pagar máis por traballar fóra de España. “Non nos fan caso ningún e xa estamos fartos. Somos unha industria que lle da moitos cartos ao Estado cada ano”, recoñece Luís Quintas, presidente deste colectivo.

 

Onte manifestáronse unha vez máis cos seus vehículos, percorrendo a cidade para mostrar o seu descontento. “Oír non nos oen e todo segue igual”, lamenta Quintas. Tras un parón forzado pola pandemia, este ano retomaron as protestas que iniciaron fai oito anos para pedir igualdade fiscal. “O actual Goberno prometeu que isto ía cambiar, pero non o fixo e nós seguimos sen entender que teñamos que pagar tanto”, comenta o presidente da plataforma.

A protesta finalizou ante a Subdelagación do Goberno, onde os retornados aparcaron os seus coches para manifestarse unha vez máis. “Só lles queda botarnos das nosas casas. Seguiremos a loita, a pesar de que cambiaron os gobernos e ninguén fixo nada”, asegura Quintas. Este grupo de persoas xubiladas non aplaca o seu espírito reivindicativo, a pesar de non ser escoitados ao longo de case unha década: “Somos uns anciáns que espremerán ata o final”, opina.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas