GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os pensionistas retornados de Alemaña verán incrementada a súa prestación un 5,2 % no 2022

(05/11/2021)

Os pensionistas retornados de Alemaña verán incrementada a súa prestación un 5,2 % no 2022

 

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

 

Luis Gulín

Luis Gulín Santi M. Amil

 

A subida será efectiva a partir do 1 de xullo do ano que vén

 

04 novs 2021 .

 

Os emigrantes galegos retornados de Alemaña e que cobran unha pensión dese país experimentarán unha subida na súa prestación o próximo ano. Tal e como informa a Secretaría de Emigración do PSdeG-PSOE de Ourense, o Goberno alemán anunciou fai uns días unha subida do 5,2 % nas pensións dos retornados do país teutón. Pero haberá que esperar. Porque este alza se fará efectiva no ano 2022, concretamente a partir do 1 de xullo. Este incremento, que se converte na maior subida nas pensións alemás desde o ano 1983, apróbase despois de que as contías que perciben os pensionistas permanecesen completamente conxeladas durante o ano 2021 a causa do impacto que tivo o coronavirus na economía xermana.

 

 

Gulín lembra a todos os retornados que o certificado que recibiron do organismo Deutsche Rentenversicherung durante o ano 2020 —referentes á actualización das pensións— é válido tamén para o ano 2021. «Os pensionistas deben conservar esa documentación do ano 2020 a efectos dunha posible reclamación da Axencia Tributaria española para o ano fiscal 2021».

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas