GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Hospital do Centro Galego de Bos Aires e Galicia Emigración forman enfermeiras para a Terceira Idade

(12/08/2009)

O Hospital do Centro Galego de Bos Aires e Galicia Emigración forman enfermeiras para a Terceira Idade 
Correspondente - Bos Aires - 12-08-2009 Hoxe, mércores 12 de agosto, ás 17,00 horas, o primeiro piso do Hospital do Centro Galego de Bos Aires acollerá a presentación oficial do Programa de Formación para Auxiliares de Enfermería en Xeriatría, organizado pola entidade médica en colaboración coa Fundación Galicia Emigración. A través deste proxecto, 20 mulleres da colectividade española recibirán os coñecementos indispensables para ofrecer a mellor atención aos pacientes de maior idade.
Hospital del Centro Gallego de Buenos Aires.
Hospital do Centro Galego de Bos Aires

.Non é a única novidade que ofrece o Hospital do Centro Galego de Bos Aires. Un día logo da apertura do curso para atender a pacientes da terceira idade, a institución médica inaugurará un total de 12 camas novas de Terapia Intensiva, que se suman ás dez que xa existían no centro. Deste xeito, a oferta do Centro Galego neste departamento elevarase a 22 camas.

O Centro Galego de Bos Aires, constitúe un verdadeiro símbolo e exemplo de labor social, que deron e dan os galegos en Arxentina, capaces de soster o máximo nivel de esforzo, construíndo un hábitat de contención para os inmigrantes. Brinda educación, achega á cultura, pero ademais desenvolve un importante labor sanitario a través do seu hospital que é, sen dúbida, o segmento de maior desenvolvemento e transcendencia para toda a colectividade, hoxe aberto a toda a comunidade.

Aos 103 anos da súa fundación, o Hospital do Centro Galego de Bos Aires avanza fortalecido polo crecemento alcanzado. Os cambios estratéxicos adoptados polos seus directivos, en representación dos seus socios; o oportuno achegue económico e técnico recibido fundamentalmente de parte do Goberno da Xunta de Galicia, a través da Fundación Galicia Saúde, son a mellor garantía dun cambio moi positivo e visible.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas