GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A entrega de novembro do especial “Historias de ida e volta” amosa a emigración galega a destinos pouco frecuentes

(19/11/2021)

A entrega de novembro do especial “Historias de ida e volta” amosa a emigración galega a destinos pouco frecuentes

Este especial é un proxecto web realizado pola Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega, que ofrece fotografías e documentos que axudan a entender as novas realidades migratorias a América dos anos centrais do século XX.

 

A tripulación do pesqueiro Panchés, propiedade de galegos, en Chimbote (Perú), 1962

A tripulación do pesqueiro Panchés, propiedade de galegos, en Chimbote (Perú), 1962

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2021.

 

A entrega de novembro do especial “Historias de ida e volta”, un proxecto web realizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, céntrase nesta ocasión na emigración galega a destinos pouco frecuentes.

 

Lugares como Panamá, Perú ou Australia, malia non ser numerosos, forman parte da historia da emigración galega. Vinte fotografías e documentos cedidos polas e polos seus protagonistas achégannos outros destinos menos coñecidos.

 

Esta nova entrega do especial “Historias de ida e volta” presenta en vinte imaxes e documentos destinos que, aínda que non foron maioritarios, foron destacados pola importancia cualitativa que as e os nosos emigrantes desempeñaron en determinados sectores produtivos da súa economía. Foron lugares que non callaron masivamente por razóns políticas, económicas, climáticas ou sanitarias pero si tiveron unha posición destacada. Panamá, Perú, Canadá ou Australia son algúns deses destinos. 

 

Os destinos pouco frecuentes

 

A emigración galega a Panamá comezou a principios do século XX, nomeadamente como man de obra para a construción da súa canle. Houbo unha segunda vaga nos anos 50 e 60, cando o Istmo volveu ser considerado como un destino atractivo. Chegaron a ese país nun momento de auxe auspiciado pola influencia estadounidense reflectida na súa economía e na xestión desa gran vía de comunicación interoceánica. Procedían principalmente das comarcas do Carballiño e de Forcarei e da Estrada.

 

Outro destino singular foi Perú. Atraídos polo despregamento económico que viviu este país nos anos 5o e 60 coa explotación pesqueira e a produción de fariña de peixe, desprazáronse moitos veciños e veciñas da Costa da Morte. Grazas ao seu traballo, Perú chegou a ser unha potencia mundial no sector. 

 

Estes destinos tiveron unha características común como foi o  reagrupamento familiar que se constituíu como unha vía de consolidación e integración da colectividade.

 

A emigración asistida por parte do Goberno español das décadas dos 50 e 60 tamén levou a que moitas galegas e galegos optasen por probar fortuna en países descoñecidos para eles, cunha lingua e unha cultura totalmente alleas, como é o caso de Canadá ou Australia. As operacións "Bisonte", "Canguro" ou "Marta", auspiciadas polo IEE e os gobernos destes países, promoveron a chegada de emigrantes do norte de España a estes lugares. No marco deste proxecto poden verse materiais como a “Guía práctica para los españoles en Canadá”. Foi editada polo IEE en colaboración co Goberno canadense, era entregada ás e aos emigrantes que decidían probar fortuna no país. Nela aparece información sobre as condicións da viaxe, os contratos laborais e os dereitos e deberes das e dos traballadores estranxeiros. Ademais inclúe un amplo vocabulario en inglés e francés, os principais idiomas de Canadá, que podían necesitar para desenvolverse.

 

As fotografías e documentos que conforman o especial foron cedidos por algunhas e algúns dos seus protagonistas. O material consérvase no Arquivo da Emigración Galega, centro de documentación do Consello da Cultura Galega para o estudo dos movementos migratorios da cidadanía galega. 

 

Ligazóns relacionadas: http://consellodacultura.gal

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas