GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

federación de sociedades galegas en suíza

(13/08/2009)

federación de sociedades galegas en suíza «A morriña está aí para non esquecer de onde es»

Logo de corenta anos en Suíza, Pedro Home Pombo aínda non pensa no retorno ao seu Malpica natal.

Autor:
Mar Varela
Data de publicación:
12/8/2009

El malpicán Pedro Home (1944) emigrou a Suíza en 1970. Preside a Federación de Sociedades fai uns dez anos e é o máximo responsable do centro Galego de Zug, cantón situado no centro do país. Tras case 40 anos de estancia en Suíza xa sente un cidadán do mundo, aínda que nunca chegou a esquecer as súas raíces galegas. Home Pombo explicou ante os micrófonos de Radio Voz Bergantiños as circunstancias da súa marcha e algún dos fins do seu traballo.

-¿Por que se foi?

-Funme de Malpica por motivos económicos, pola mala situación laboral que había. Eran momentos difíciles e tiña ganas de velo todo e progresar.

-¿Cantos anos tiña?

-Tiña 26 anos. Foi unha decisión moi complicada. O meu pai falecera. Tiña que saír adiante e a miña irmá, que vivía en Suíza, chamoume. Comecei a traballar de mecánico e tornero.

-¿Ese foi o motivo da súa elección?

-Ademais de por a miña irmá, por suposto, eu buscaba un país libre, onde houbese unha democracia e unha liberdade de expresión.

-¿Séguelle tirando a súa terra?

-A morriña está sempre aí para non esquecer de onde es. é importante. Por iso comecei a traballar na Federación e a fundar as escolas para fillos de galegos, converténdose así na correa de transmisión entre galegos e Administracións.

-¿Cal é o principal obxectivo da Federación de Sociedades Galegas?

-El obxectivo é sempre a cultura galega. Fundamos estatutos relacionados co retorno e un punto de encontro para que os galegos emigrantes poidan xogar ás cartas ou ler xornais de aquí.

-¿Que lle diría á xente que está en contra da inmigración?

-Que nós buscamos noutros países asilo político e traballo para comer. México ou Arxentina, entre outras nacións, acolléronnos cos brazos abertos. Agora que España goza dunha economía boiante, debemos ser nós os que os aceptemos. Ao mesmo tempo, eles deberían integrarse, e respectar os nosos costumes e linguas.

-¿Foi complicado aprender o idioma alemán?

-A lingua germánica é moi dura. Non falo un alemán perfecto, pero me defendo no que digo.

-¿Volverá algún día a vivir en Galicia?

-Agora estou xubilado e vingo a Galicia con frecuencia, unhas sete veces ao ano. Pero logo de 40 anos fóra de casa, e tendo unha muller de Cádiz, temos que dividirnos entre Malpica, Andalucía e Suíza.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas