(03/02/2022)
02 feb 2022 .
A Xunta, a través da Secretaría Xeral de Emigración, abre hoxe unha nova convocatoria das súas bolsas BEME Máster. A sexta edición destas axudas, dotadas con 2,15 millóns de euros, becará a 250 universitarios galegos que vivan no exterior para que poidan regresar a Galicia e estudar un máster. Desta forma, a Xunta busca recuperar talento e tratar de fixar maior poboación.
O programa BEME trae galegos que vivían en países tan afastados como Ecuador, onde o lucense Aarón Navia traballou durante sete anos. «Marchei para Madrid con 18 anos para estudar Arte dramática. Esa foi a miña primeira emigración polo choque cultural que supuxo», chancea ao lembrar, «logo marchei dous anos para Arxentina e a miña carreira actoral despegou xa en Ecuador como actor dunha telenovela». Das bolsas decatouse pola súa familia, que as viu anunciadas en prensa, e grazas a elas estuda agora o Máster en Servizos Culturais de la USC no campus de Lugo. «A axuda vén moi ben para empezar de novo, sobre todo mentres non encontras traballo. Estaba ben en Ecuador, pero xa levaba unha década fóra e quería volver. Ademais xa foi casualidade: o único máster de Artes que había no programa era o de Lugo, de onde eu son».
|
OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas