GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta abre o prazo das axudas para familias galegas do exterior en situación de emerxencia social urxente

(21/02/2022)

A Xunta abre o prazo das axudas para familias galegas do exterior en situación de emerxencia social urxente

O Goberno galego destina 50.000 euros a atender ás e aos residentes do exterior que padezan un deterioro grave da súa situación social e económica.

 

O prazo para solicitar estas axudas estará aberto ao longo deste ano, ata o próximo 15 de novembro.

 

O prazo de solicitudes estará aberto ata o 15 de novembro

O prazo de solicitudes estará aberto ata o 15 de novembro

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2022.

 

A  Secretaría Xeral da Emigración vén de publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas para familias galegas do exterior en situacións de emerxencia social urxente.

 

Deste xeito, o Goberno galego destina 50.000 euros ás e aos residentes do exterior que carezan dos recursos económicos necesarios para atender problemas sobrevidos de carácter extraordinario, xa sexan sociais, sanitarios ou asistenciais. 

 

Estes apoios económicos consisten en axudas de ata 3.000€ por persoa beneficiaria e destínanse a persoas emigrantes galegas e aos seus fillos e fillas que posúan a condición de persoas galegas residentes no exterior e que, por cuestións urxentes e extraordinarias, se atopen en situacións de emerxencia social. 

 

Os requisitos necesarios para solicitar estas axudas son ter rendas ou ingresos insuficientes, contar cun patrimonio insuficiente ou acreditar razóns de carácter social, sanitario ou asistencial de situacións sobrevidas nun tempo próximo ao da súa solicitude como máximo nos últimos doce meses e que, pola súa gravidade, requiran dunha actuación urxente ou da necesidade de realizar a viaxe por mor desta razón. 

 

O prazo destas axudas estará aberto ata o 15 de novembro e, para máis información, as e os interesados poden coñecer a nova liña a través desta ligazón.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas