GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Un poema dunha escritora ourensá incluirase no ensino norteamericano

(08/09/2009)

Un poema dunha escritora ourensá incluirase no ensino norteamericano

«Caracol» pasará a formar parte do programa de lectura obrigatoria de cuarto grao.

Autor:
EFE
Data
7/9/2009
Hora:
16:56 h

A editorial internacional Pearson mostrou o seu interese por incluír o poema «Caracol», da escritora ourensá Pura Vázquez, no ensino norteamericano.

En caso de chegarse a un acordo coa familia da escritora galega e de Deputación Provincial de Ourense, concesionaria dos dereitos -segundo informou este organismo-, o poema, previamente publicado no libro «Poesía española para nenos», pasará a formar parte do programa de lectura obrigatoria de 4º grao do sistema de ensino norteamericano.

Ademais, outra editorial española, «O Aleph Edicións», estuda, tamén incluír catro poemas desta escritora ourensá nun volume que se titulará «O libro das nanas», que será coordinado por Carmen Riera .

A Deputación autorizou xa a inclusión dos poemas «Deixa que durma», «Nos teus ollos», «Noite» e «A durmir» neste libro de nanas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas