GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Escrivá reúnese coa comunidade ucraína en España para analizar as súas necesidades e ofrecerlles apoio

(01/03/2022)

Escrivá reúnese coa comunidade ucraína en España para analizar as súas necesidades e ofrecerlles apoio


ministro


Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións

28/02/2022


-O ministro de Inclusión e o secretario de Estado de Migracións conversaron con representantes dunha vintena de asociacións


-Inclusión deu orde ás oficinas de estranxeiría para priorizar os trámites de persoas ucraínas e estuda outras medidas para facilitar a súa estancia no noso país


O ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luis Escrivá, e o secretario de Estado de Migracións, Jesús J. Perea, reuníronse telemáticamente cunha vintena de asociacións da comunidade ucraína no noso país para escoitar as necesidades deste colectivo, para facilitar os trámites aos seus achegados que poidan entrar en España tras a aplicación efectiva da Directiva de Protección Temporal. No encontro participaron tamén representantes da Embaixada de Ucraína en España.

"Sodes máis de 20 asociacións e organizacións aquí reunidas e isto pon de manifesto a rede de ucraínos con que contamos en España. En nome de todo o Goberno de España quero trasladarvos toda a nosa solidariedade e todo o noso apoio diante da situación que vive Ucraína hoxe", sinalou o ministro.

O Ministerio habilitou unha liña directa de comunicación con todas estas asociacións durante as 24 horas do día para abordar calquera situación que haxa que afrontar.

No transcurso da devandita reunión tamén lles transmitiu que, “como se demostrou o pasado verán coas familias evacuadas de Afganistán, contamos cun sistema de acollida robusto e con capacidade de adaptarse axiña ás posibles demandas”. Escrivá indicou que “as prazas do sistema pódense ir ampliando en función das necesidades que vaiamos observando”.

O ministro lembrou que desde o Ministerio de Inclusión deuse “instrución ás Oficinas de Estranxeiría de priorizar e axilizar todos os trámites de estranxeiría relacionados coa nacionalidade ucraína”. Ademais, desde o Ministerio, están a analizarse posibles medidas normativas que “fagan doada a estancia das persoas ucraínas que están en España ou daquelas que puidesen chegar proximamente”.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas