GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O concurso para o monumento ao emigrante queda deserto

(08/09/2009)

O concurso para o monumento ao emigrante queda deserto

O BNG acusa ao alcalde de Vimianzo de querer beneficiar ás "empresas amigas"

M. C. S. | VIMIANZO O concurso do monumento dedicado ao emigrante convocado polo Concello de Vimianzo quedou deserto ao non presentarse ningunha empresa para levar a cabo esta obra. O Concello volverá licitar a actuación.

Os nacionalistas de Vimianzo, que xa criticaran o "segredo" que había contorna a este asunto, acusou ao alcalde de facer "mal as cousas", ao non pensar "nos intereses veciñais".

O portavoz do Bloque, Manuel Antelo, asegura que nesta iniciativa falla todo, desde a forma de xestionar as doazóns ata o modelo contractual elixido para facer o monumento. Ademais, acusa ao rexedor de intentar que "as súas empresas amigas tamén se beneficiasen desta obra" sen estar "capacitadas para iso".

O Bloque reclama que se debata no pleno outra vez a iniciativa para crear unha comisión coa participación de todos os grupos da Corporación. Tamén pide a elaboración dun estudo sobre a emigración vimiancesa.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas