GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta e o Consello Arxentino para as Relacións Internacionais analizan temas comúns

(09/09/2009)

A Xunta e o Consello Arxentino para as Relacións Internacionais analizan temas comúns

Redacción, Bos Aires

O secretario xeral de Emigración, Santiago Camba, o director xeral de Relacións Exteriores da Xunta, Jesús Gamallo, e o presidente do Consello Arxentino para as Relacións Internacionais (CARI), Adalberto Rodríguez Giavarini, analizaron temas de interese común para ambos os territorios durante a reunión que mantiveron na sede do CARI en Arxentina. Tras este primeiro contacto no que fixaron ámbitos comúns de estudo e de aplicación de políticas públicas, tanto en ámbitos locais, provinciais nacionais, como supranacionales, fixarase unha axenda de contactos periódicos para traballar na consecución de vías de colaboración. En palabras de Santiago Camba, o consello arxentino ?é unha das institucións con maior prestixio que incumben ás relacións internacionais e o Goberno galego ten interese en cooperar con eles?, apostilou.
Pola súa banda, o director xeral de Exteriores afirmou que na reunión abordáronse asuntos nos que Galicia ?pode achegar a súa experiencia propia?, como son o fenómeno das autonomías, o seu financiamento no Estado, o proceso de descentralización e a experiencia de integración europea, uns temas que ten o seu reflexo en Arxentina coas relacións entre as provincias e Bos Aires e o proceso de integración latinoamericana, tanto en Unasur como en Mercosur.
Segundo Gamallo, estes son os asuntos nos que se interesou Giavarini e que acaparan a atención do foro arxentino, no que se analizan políticas e estratexias, que poden ser comparadas ou contrapostas a realidades locais como son a da República de Arxentina, as súas provincias federadas ou a inmersión no Mercosur.
?Interésanos aprender uns doutros; por iso a partir de agora poremos ao choio para poder plasmar en actividades concretas todas estas cuestións que expuxemos?, asegurou Gamallo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas