GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os inmigrantes legais aumentan un 11 por cento nun ano a pesar da crises

(14/09/2009)

Os inmigrantes legais aumentan un 11 por cento nun ano a pesar da crises
Marroquís, romaneses e ecuatorianos encabezan a lista e suman case dous millóns
Diminuír tamaño do textoAumentar tamaño do texto
Cen mil bolivianos que viven en España poderán votar nas municipais

CRUZ MORCILLO | MADRID
Marroquís, romaneses e ecuatorianos son as tres nacionalidades con maior presenza no noso país onde viven xa de xeito legal 4.625.191 estranxeiros. A pesar da crise e a destrución de emprego que se cebou de forma especial nos inmigrantes, estes aumentaron un 10,9 por cento nun ano. O maior incremento corresponde a asiáticos e europeos, tanto comunitarios como non comunitarios (máis do tres por cento). Romanía é o país que se disparou no último trimestre (25.137 persoas máis).
A radiografía do Observatorio Permanente da Inmigración mostra que Cataluña, Madrid, a Comunidade Valenciana e Andalucía agrupan ao 65,2 por cento dos estranxeiros legais, é dicir, con certificado de rexistro ou cartón de residencia en vigor; que 626.519 son menores de 16 anos e deses a maior porcentaxe corresponde a africanos (un 23,9 por cento). A poboación máis envellecida (maiores de 64) é norteamericana. Os marroquís e os chineses son os máis novos do centro da pirámide.
Os estranxeiros que naceron en España gañan terreo (249.888 persoas) e unha vez máis esta estatística encabézana os marroquís (119.352 nacionais); o seguinte colectivo en importancia é o chinés con 20.231 persoas, seguido dos romaneses.
A gran maioría de inmigrantes son traballadores por conta allea (900.000); e 212.488 estranxeiros obtiveron a residencia por reagrupación familiar «non necesariamente nos últimos doce meses», segundo precisa o Observatorio. Os asiáticos son os que máis trouxeron aos seus familiares a vivir con eles (un 10.3 por cento). Dos inmigrantes con cartón en vigor incluídos no réxime xeral (o que se aplica a todos salvo aos estranxeiros comunitarios), máis dun millón contan cun cartón permanente mentres que o 60 por cento aínda ten unha temporal. Case 700.000 inmigrantes renovaron xa os seus cartóns por segunda vez.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas