GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Morales: "Seguirá inmigración ata que haxa asimetrías"

(16/09/2009)

Morales: "Seguirá inmigración ata que haxa asimetrías"




O presidente de Bolivia, Evo Morales, asegurou hoxe que mentres se manteñan as asimetrías entre os países industrializados e os países en desenvolvemento seguirá habendo inmigración, logo de manter unha reunión en Madrid co presidente do goberno español, José Luís Rodríguez Zapatero.

No marco da reunión na Moncloa, España cancelou definitivamente a débeda de Bolivia mediante un acordo de troco duns 77 millóns de euros que supón a condonación do 60 por cento do monto e o compromiso de Bolivia a destinar o 40 por cento restante a programas de educación.

"O primeiro compromiso de España é co desenvolvemento de Bolivia", dixo Zapatero referíndose a ese acordo que pon fin á débeda do país andino con España, consignou a axencia DPA.

"Humildemente, sen pedir nada a cambio, estamos contribuíndo ao progreso e o desenvolvemento" de Bolivia, dixo o presidente do goberno, que recordou que España é o primeiro doante no país latinoamericano.

Nese marco, ao presidente latinoamericano chamou a superar as asimetrías que economicamente separan aos países como forma de evitar a inmigración ilegal.

"Mentres haxa profundas asimetrías, seguirá habendo inmigración", asegurou Morales ao finalizar a súa primeira visita oficial a España como presidente de Bolivia. (Télam)

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas