GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

inmigración

(17/09/2009)

inmigración Os inmigrantes terán máis difícil o seu acceso á sanidade

A restrición está incluída na reforma da lei de estranxeiría que se debaterá a partir de hoxe

Autor:
Ivannia Salazar?/?Rodri García
Data de publicación:
17/9/2009

Máis de 150 nacionalidades están representadas no colectivo inmigrante que vive en España e que suma máis de catro millóns de persoas, aproximadamente o 10% da poboación. E a nova reforma da lei de estranxeiría que se debaterá a partir de hoxe no Congreso dos Deputados podería dificultar o seu acceso a servizos tan básicos como a sanidade ou a educación, segundo denunciaron onte algúns expertos.

O inicio do debate parlamentario coincide coa celebración do sexto Congreso sobre as migracións en España, que se celebrará entre hoxe e o sábado na Universidade da Coruña e no que uns 400 especialistas debaterán sobre temas como o control de fronteiras, a integración e a regulación do traballo.

Antonio Izquierdo , catedrático da Facultade de Sociología, chamou a atención onte sobre as deficiencias desta reforma durante a presentación da actividade. «Clandestinizar, é dicir, non saber onde están os emigrantes, non é bo», dixo, aludindo a unha das reformas máis criticadas, que prevé permitir o empadroamento só dos inmigrantes con residencia permanente. Izquierdo destacou que «ao dificultar o empadroamento, perden o dereito á sanidade e á educación».

Na mesma liña pronunciáronse onte oenegués como Cáritas, CEAR (Comisión Española de Axuda ao Refuxiado) e a Red Acolle, para as que a proposta «dificulta a integración, estigmatiza e criminaliza» ao inmigrante, que «ve restrinxidos os seus dereitos fundamentais».

Problemas engadidos

Esta restrición suporá ademais, segundo estas organizacións, un problema para os concellos, que verán crecer a súa poboación real, e xa que logo as súas necesidades de recursos, pero non poderán acreditala se os estranxeiros non aparecen no padrón. «Os inmigrantes non son estatuas de sal que miran cara atrás, miran cara a adiante, teñen o seu papel na sociedade», sinalou a La Voz de Galicia Antonio Izquierdo , que coincide coas oenegués en que este non é o mellor momento para pór en marcha a reforma -que ten un evidente «aroma restritivo»- porque «non se pode lexislar coyunturalmente», facendo alusión á crise económica. O problema é que «hai unha obsesiva vinculación da inmigración co mercado de traballo», afirmou.

«Máis que polo que di, esta lei é criticable polo que non di», xa que «segue sen tomar nota de que a integración debe ser o eixo fundamental», concluíu Izquierdo .

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas