GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O alcalde da Cañiza, Luís Piña, presentou en Lisboa a idea de crear o ‘Consello dos Cañicenses no Exterior’

(22/07/2022)

O alcalde da Cañiza, Luís Piña, presentou en Lisboa a idea de crear o ‘Consello dos Cañicenses no Exterior’

 

O alcalde da Cañiza, Luís Piña, acompañado dos concelleiros do seu equipo de goberno Mª José Rodríguez González, Paula Bacelar Domínguez e Miguel Anxo Gómez Antón, visitou a sede da Xuventude de Galicia-Centro Gallego de Lisboa, onde se reuniu coa súa directiva.


António Gonçalves, Lisboa
Crónicas da Emigración. 21/07/22

 

Lisboa-Alcalde de A Cañiza 2

Luís Piña diríxese á colonia galega que asistiu ao acto no Centro Gallego.


Ante os directivos do Centro, o alcalde presentou o potencial da Cañiza, a súa xente e o proxecto de desenvolvemento e solicitou a colaboración do Centro Galego para acometer novas formas de difusión do Concello da Cañiza.

Nun acto público coa colonia galega, Luís Piña lembrou que el tamén “formou” parte da diáspora galega en Lisboa e que lembrou con “saudade” os vínculos da súa familia con Lisboa e con moitos dos presentes.

Tamén presentou a máis dun centenar de galegos da colonia a idea do Concello da Cañiza de crear o ‘Consello dos Cañicenses no Exterior’, e as oportunidades para coñecer ao concello e a súa xente.

Ao finalizar o acto solemne, seguiu unha degustación de produtos do municipio da Cañiza, onde o xamón, os queixos e os viños foron os produtos estrela.

Se temos unha última nota desta “embaixada cañicense” en Lisboa, ademais da gastronomía, será sen dúbida o chamamento do seu alcalde ao regreso dos cañicenses afincados en Lisboa, para colaborar na repoboación de Galicia e da Cañiza.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas