GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os responsables de Emigración e Cultura da Xunta coordinan coa embaixadora de España na Arxentina as actuacións en prol da colectividade española neste país

(22/07/2022)

Os responsables de Emigración e Cultura da Xunta coordinan coa embaixadora de España na Arxentina as actuacións en prol da colectividade española neste país

 Imaxe da reunión celebrada hoxe na capital arxentina

Imaxe da reunión celebrada hoxe na capital arxentina

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Bos Aires (Arxentina), 21 de xullo de 2022.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, mantiveron nas últimas horas en Bos Aires unha reunión coa nova embaixadora de España na Arxentina, María Jesús Alonso Jiménez, con quen coordinaron as actuacións que ambas institucións están a realizar en prol da colectividade española neste país do Cono Sur. Na reunión estiveron acompañados do delegado da Xunta en Arxentina, Alejandro López Dobarro.

 

Deste xeito, o secretario xeral da Emigración deulle a coñecer á nova embaixadora o labor que está a desenvolver a Comunidade galega para apoiar ás e aos seus residentes no país do Cono Sur, así como tamén no asesoramento cara ao posible retorno de aqueles e aquelas que o desexen a Galicia, xa que non podemos esquecer que se trata do país do mundo con maior presenza galega. Con esta reunión, continúa o interese de cooperación por parte de ambos departamentos co obxectivo de colaborar e axudar ás galegas e galegos residentes no país e ás asociacións que os agrupan. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas