GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os expertos aseguran que España non aprendeu de toda a súa experiencia como país emigrante

(18/09/2009)

Os expertos aseguran que España non aprendeu de toda a súa experiencia como país emigrante

| A Coruña acolle un congreso nacional sobre migracións

Autor:
Ivannia Salazar
Data de publicación:
18/9/2009

Á vez que comezaba no Congreso dos Deputados o debate da cuarta reforma da Lei de Estranxeiría desde o ano 2000, decenas de expertos reuníanse na Universidade da Coruña para discutir sobre o tema da inmigración no sexto Congreso das migracións en España. A lei, que neste encontro posúe máis detractores que defensores, foi tema de conversación tanto nas sesións e paneis como nos corredores.

«Estas reformas parecen indicar que aínda que España ten a gran experiencia da emigración, parece que non quixo aprender de ela», declarou a La Voz Rafael Alarcón, director do departamento de estudos sociais do Colexio da Fronteira Norte, de Tijuana (México), que pronunciou a conferencia inaugural do congreso. Para Alarcón, sería fundamental que España fixese unha reflexión sinxela: «Que lle pregunte aos seus cidadáns que emigraron a países latinoamericanos como Arxentina ou Uruguai, como cren que deberían ser tratados os inmigrantes».

Emigración cualificada

Alarcón chamou ademais a atención sobre un asunto que segundo el pasa desapercibido: a importancia da emigración cualificada -inmigrantes con estudos universitarios, idiomas e experiencia laboral- que contribúe ao desenvolvemento dos países receptores e que queda oculta ante a importancia mediática que se lle dá a outros inmigrantes con perfís «menos atractivos». «España non ten unha política definida para atraer inmigrantes deste tipo», apuntou, e agregou que «o importante non é preguntarse ¿cantos son?, senón ¿quen son? os que veñen».

Alarcón e outros expertos participantes no congreso coincidiron en que o endurecemento da entrada en España, así como algunhas medidas que van «contra os dereitos humanos», segundo a avogada especialista en dereito de estranxeiría María Helena Bedoya, contidas na reforma da lei, non son a solución ao fenómeno migratorio, que ademais «non é novo; levamos toda a vida movéndonos dun lado a outro», dixo Alarcón.

«Deberían establecerse máis acordos bilaterais, porque a xente que emigra o que busca é traballo, non son delincuentes nin terroristas», destacou pola súa banda Eugenia Anguiano, do Colexio da Fronteira Norte. Na mesma liña pronunciouse a investigadora Antía Pérez Caramés, que aposta por «unha intensificación da acción política» e pola cooperación cos países de orixe.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas