GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A inmigración non logra frear a caída de alumnos de secundaria en Lugo

(18/09/2009)

A inmigración non logra frear a caída de alumnos de secundaria en Lugo

Máis de 17.400 estudantes da provincia iniciaron onte o curso nos niveis de ESO , Bacharelato e FP

Autor:
L.R.I.
Data de publicación:
18/9/2009

Algo máis de 17.400 alumnos (17.413, segundo datos da Consellería de Educación) regresaron onte ás aulas de secundaria da provincia de Lugo. Por niveis de ensino, 10.041 cursarán ESO , 3.896 Bacharelato e 3.476 ciclos de Formación Profesional. A cifra total de matriculados é lixeiramente inferior á do curso anterior debido, principalmente, ao notable descenso no número de inscritos en ESO . Non en balde, os centros lucenses perden 229 alumnos nesta etapa, a pesar do aumento do alumnado inmigrante, que nos institutos lucenses crece un 8%, ao pasar dos 484 matriculados do curso 2008/2009 aos 525 do ano académico actual.

O groso do alumnado de ESO concéntrase nos centros de titularidade pública, onde estudarán 7.858 rapaces. A centros concertados acudirán 1.950, mentres que unicamente 233 desprazaranse a centros privados. A tendencia é similar en Bacharelato. Deste xeito, as estimacións de matrícula que manexa a consellería de face ao curso que se inicia son de 3.595 alumnos en institutos públicos e 301 en institutos privados. Nesta etapa educativa haberá 59 alumnos que non teñen nacionalidade española.

Formación Profesional é o único nivel no que se aprecia un incremento no número de matriculados. Segundo datos avanzados por Educación, na provincia de Lugo cursarán ciclos formativos en centros públicos 3.265 estudantes; mentres que 211 farano en centros privados.

Onte tamén volveron ás aulas os 238 matriculados nos programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI) e Garantía Social (PGS) que se imparten en centros lucenses de secundaria. Un total de 49 alumnos empezarán o curso en centros de Educación Especial.

Os ensinos dirixidos a adultos alcanzan os 1.656 matriculados. Dese total, 147 persoas cursarán ensinos básicos, 517 tratarán de obter o certificado de Ensino Secundario de Adultos (ESA), 448 estudarán módulos formativos e 544 intentarán aprobar o título de Bacharelato.

Nos conservatorios

Os catro conservatorios profesionais de música que existen na provincia de Lugo terán este curso 1.091 alumnos; tendo en conta que 171 persoas acudirán a outros centros autorizados de música. Un total de 166 persoas cursarán ensinos regulados de danza, e 66 estudarán artes plásticas e deseño. Doutra banda, na provincia de Lugo hai un total de 27 alumnos matriculados en ensinos deportivos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas