GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Investigador do Centro de Inmigración, Cidadanía e Desenvolvemento da Universidade de Bielefeld «As tendencias restritivas non controlan a inmigración»

(18/09/2009)

Investigador do Centro de Inmigración, Cidadanía e Desenvolvemento da Universidade de Bielefeld «As tendencias restritivas non controlan a inmigración»

Entrevista | Stefan alscher |

Autor:
I.?Salazar
Data de publicación:
18/9/2009

O sociólogo e investigador alemán Stefan Alscher é un dos invitados ao congreso sobre as migracións que se celebra na Coruña esta semana. A súa experiencia traballando no tema das fronteiras en Europa levouno á conclusión de que o endurecemento do control da inmigración ten unha eficacia temporal.

-¿Cal é, na súa opinión, o resultado do endurecemento dos controis fronteirizos?

-As tendencias restritivas non controlan os fluxos migratorios, senón que ata provocan que os inmigrantes abran novas rutas para entrar, máis longas e máis perigosas para eles, e ademais máis caras para os Estados. Pechar cada vez máis as fronteiras non cumpriu o seu obxectivo, porque continúan chegando.

-¿Cal é entón a alternativa?

-Vexo dous xeitos: reforzar a cooperación ao desenvolvemento en rexións de orixe, o que en teoría atacaría as causas da inmigración, e segundo, promover acordos bilaterais que abran portas para a inmigración legal. Moitos inmigrantes nin sequera queren quedar de forma permanente, senón pasar unha tempada en Europa, aforrar e logo regresar aos seus países.

-¿Estas medidas cada vez máis duras son un elemento disuasorio á hora de que unha persoa decida se emigra ou non?

-Non, estas medidas non conducen a que un potencial inmigrante decida non arriscarse. Por exemplo, aínda que saiba que poderían metelo 60 días nun centro de internamento no canto de 45, non vai decidir non emigrar por esa razón.

-¿Hai un dobre discurso no asunto da inmigración?

-Europa necesita dos inmigrantes, así que debería abrir portas para eles como o fan países como Canadá ou Australia. Por unha banda non os queremos, pero por outra os necesitamos para cousas básicas como manter o sistema de seguridade social nun continente cunha poboación cada vez máis envellecida, e con necesidade de persoas en idade de traballar. Europa ten un interese non publicamente recoñecido na inmigración.

-¿Como afecta a crise á percepción da inmigración?

-Existe o argumento de que os inmigrantes van quitarlle o emprego aos nacionais e iso en tempos de altas taxas de desemprego pode tomar forza, pero o traballo inmigrante é máis ben beneficioso para o país

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas