GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Autores de Sada, Cambados e Rianxo gañan a outros vinte e un no Certame de Ilustración A Emigración

(21/09/2009)

Autores de Sada, Cambados e Rianxo gañan a outros vinte e un no Certame de Ilustración A Emigración

Autor:
La Voz
Data de publicación:
20/9/2009

Vinte e catro obras concorreron á primeira edición do Certame de Ilustración A Emigración, convocado pola Fundación Comarcal A Mariña Central e polos Concellos de Alfoz e O Valadouro. «Despois dunha ampla deliberación e valoración», o xurado concedeu o primeiro premio á obra dunha autora da localidade coruñesa de Sada, o segundo a unha dun creador de Cambados e o terceiro, a unha dun ilustrador do municipio coruñés de Rianxo.

Emigración en serie, a obra presentada pola sadense Sabela Peiteado Casal, recibirá o primeiro premio, 1.200 euros en metálico e a publicación do seu traballo na revista Búsola. Partida, orixinal do cambadense Eduardo Pérez Baamonde, obtivo o segundo premio, 600 euros en metálico. E A xente que marcha, ou queda, do rianxeiro Noel Pérez Fungueiriño, fíxose acredora do terceiro galardón, 300 euros en metálico.

O xurado integrárono, como presidenta, Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo; e como vocais, os escultores Daniel Río, Caxigueiro, e Juan Puchades Quilis; así como Paz Quiroga, profesora de Plástica no IES Alfoz-O Valadouro. Manuel Valín, xerente da Fundación Comarcal A Mariña Central, exerceu de secretario, con voz pero sen voto.

A modo de homenaxe

A emigración e as sociedades filantrópicas creadas polos galegos en ultramar foi o tema dun certame co que se pretende recoñecer o labor de quen investiron parte do diñeiro que conseguían traballando no estranxeiro en, por exemplo, crear escolas como as decenas que hai na Mariña. Admitía viñetas, recreacións orixinais de carteis ou imaxes de actividades de emigrantes nos países de acollida.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas