GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A "Semana de Achegamento" analiza o estado da emigración na cidade

(21/09/2009)

A "Semana de Achegamento" analiza o estado da emigración na cidade

A asociación galega presenta actividades de intercambio cultural




P.G. - PONTEVEDRA Exposicións fotográficas, mesas redondas, difusión de documentais ou festas interculturais son algunhas das actividades propostas pola asociación galega de emigrantes retornados, AGER, entre os actos da súa quinta "Semana de Achegamento" que se celebrará en Pontevedra desde o 22 ata o 28 de setembro.
A través destas actividades esta asociación pretende promover un achegamento plausible entre a realidade cultural autóctona e a dos inmigrantes que se atopan en Pontevedra.
Durante esta quinta edición da "Semana de achegamento", AGER propón distintas actividades de intercambio e divulgación. A primeira consiste nunha exposición fotográfica sobre o "Exilio Galego en Venezuela", realizada polo fotógrafo Xurxo Martínez Crespo. a mostra poderase ver na sede da Fundación Caixanova ata o 28 de setembro.
O mércores 23 de setembro, pola súa banda, a galería Sargadelos de cálea Oliva acollerá unha mesa redonda sobre "A situación dos inmigrantes en Pontevedra" a partir das 20.00 horas. O vindeiro xoves 24 proxectarase no Teatro Principal o documental "Exilios: Lorenzo Varela".
Festa final en Mugartegui
O broche de ouro ás actividades colocarase na praza de Mugartegui, mediante unha festa intercultural que se celebrará o venres 25 ás 20.00 horas.
Fronte ao pazo actuarán diversos músicos e bailaríns africanos, latinoamericanos e galegos como os percusionistas "Dedgo",e "Urumundu", de Senegal e Uruguai respectivamente, o cantante brasileiro Leo Rodrígues e a actuación final dun grupo de break dance integrado por cidadáns alemáns, tailandeses, colombianos e galegos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas