GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Concello e veciños recuperan a memoria da emigración de Ares

(10/10/2022)

Concello e veciños recuperan a memoria da emigración de Ares

Antía Urgorri FERROL / LA VOZ

 

Alma Barrón, edila de Cultura de Ares, posa con los tres ejemplares.

Alma Barrón, edila de Cultura de Ares, posa cos tres exemplares.

 

Tres publicacións recompilan un traballo de investigación que impulsa o gobernó

 

10 oct 2022 .

 

Da man dos veciños e co esforzo municipal, o Concello de Ares conseguiu pór en valor a memoria da emigración do municipio a través de tres publicacións, «que supoñen a materialización en texto da liña de traballo que vén a desenvolver o Concello, moi centrada en poñer en valor a historia de Ares».

 

A terceira e última destas edicións facsímiles, Campaña político social e anticaciquil de Juvenal, presentouse durante a última edición do Ares Indiano. As outras dúas son Como se chega a millonario, de Miguel Bendamio; e Proa ao Mar e á terra, de Agustín Bugallo.

 

A concelleira de Cultura, Alma Barrón, explica que o arranque desta edición de facsímiles «vencéllase directamente cos propios alicerces do Ares Indiano, entendendo a celebración non só coma unha actividade lúdica, senón tamén coma un evento que axuda a propulsar iniciativas que divulgan e contextualizan o pasado do municipio».

 

¿Como é posible atopar o material orixinal que serve de base para a publicación dos textos? A edila aresana nomea dous elementos craves: «A involucración da veciñanza é fundamental. Son eles os que achegan as obras orixinais, prestándose a que as tratemos, tamén porque co tempo poden ver que hai un traballo de recuperación sólido e importante dende o Concello feito con moito cariño». Tamén, destaca Barrón, o labor coordinado co Consello da Cultura Galega para a edición do primeiro dos facsímiles.

 

O primeiro manuscrito orixinal, Como se chega a ser millonario, chegou á institución local a través do veciño Agustín Suárez, e os seguintes grazas a Jesús Vilasánchez, pertencente a unha familia con antepasados indianos. «Aínda que foi complicado ao comezo, nós sempre consideramos que poder acceder a este tipo de obras é moi necesario; que estean nos arquivos públicos para todas as persoas que desexen consultalas», detallou Barrón.

 

As publicacións parten de relatos distintos tanto en temática como en xénero. Como se chega a millonario, a primeira das tres obras recuperadas «trátase dunha obra de ficción que afonda no proceso de mellora económica dos emigrantes con máis éxito, mais tamén na importancia de lembrar as orixes e axudar á prosperidade de Ares». Da ficción pásase á autobiografía na segunda obra, Proa ao Mar e á Terra, «coa experiencia persoal do indiano Agustín Bugallo en Cuba e o seu regreso á vila»,

 

Campaña político-social e anticaciquil de Juvenal, unha non ficción xornalística «que amosa a conciencia política e social, anticaciquil, do primeiro terzo do século XX».

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas