GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Secretaría de Estado de Migracións mantén para 2023 o orzamento de 60,5 millóns de euros para emigración

(10/10/2022)

A Secretaría de Estado de Migracións mantén para 2023 o orzamento de 60,5 millóns de euros para emigración

 

A Secretaría de Estado de Migracións mantén para o próximo ano os 60,5 millóns de euros para as accións a favor dos emigrantes, tal e como se recolle no proxecto de Orzamentos Xerais do Estado (PGE) que a ministra de Facenda e Función Pública, María Jesús Montero, entregou á presidenta do Congreso dos Deputados, Meritxell Batet.

 

E.C., Vigo
Crónicas da Emigración 07/10/22 -

 

Presupuestos 2

María Jesús Montero e Meritxell Batet, durante a presentación no Congreso das contas do próximo ano.


A partida máis elevada deste programa é a destinada a prestacións por razóns de necesidade que se sitúa en 33,5 millóns de euros, un lixeiro incremento respecto deste ano que eran 32,7 millóns de euros.

 

O orzamento para pagar as pensións asistenciais dos retornados sitúase en 8,4 millóns de euros, un pouco superior ao deste ano que son 8,2 millóns de euros.

 

A contía para a asistencia sanitaria para beneficiarios de prestación por razón de necesidade actualízase pasando de 7 a 7,1 millóns de euros. Mantense en 4 millóns de euros o programa de subvencións para persoas e entidades residentes no exterior e redúcese de 4,4 a 3,9 millóns de euros a contía destinada aos coñecidos como ‘nenos da guerra’.

 

Segundo recóllese no propio proxecto de Orzamentos, este programa de ‘Accións a favor dos emigrantes’ ten como finalidade garantir unha atención e un nivel de protección axeitado aos españois residentes no exterior, completando o sistema de protección existente, no seu caso, no país de residencia, e aos retornados a España.

 

Este sistema de protección plásmase en prestacións por razón de necesidade de españois no exterior, pensións asistenciais por ancianidade para españois de orixe retornados, pensións a favor dos ‘nenos da guerra’, asistencia sanitaria a pensionistas no exterior, axudas asistenciais extraordinarias e programas de subvencións para asociacións e maiores e dependentes. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas